O FC Bayern München Basketball é un equipo profesional de baloncesto, parte do club polideportivo alemán FC Bayern München, con sede na cidade de Múnic, Baviera. Actualmente que xoga na Basketball Bundesliga, a máxima competición do baloncesto xermano, e na Euroliga. Disputa os seus encontros coma local no Audi Dome, un pavillón con capacidade para 6 700 espectadores.

Historia O Bayern de Múnic ten unha longa tradición de baloncesto. Os seus anos de maior éxito foron entre os anos 1950 e 1960, cando gañou as Liga de 1954 e 1955, e a Copa de 1968. Os éxitos foron acompañados dunha gran popularidade, por exemplo, en 1956, atraeu a 40.000 seareiros a un partido amigábel ao aire libre contra o Lancia Bozen, un dos mellores clubs de baloncesto de Italia da época. Máis tarde, en 1966, o club foi un dos membro fundadores da Basketball Bundesliga. Nos anos seguintes, o club comezou a desvanecerse, chegando en 1974 a ser relegado á Segunda División. Durante algún tempo o club non se recuperou, tando tan só dous ou tres anos de éxito ao conseguir competir na entre 1987 e 1989.

En 2008 o equipo procura volver á elite, obxectivo que finalmente cumpre. Desde aquela o club procura ir medrando para converterse nun dos equipos destacados do baloncesto europeo. En 2013 o club alcanzou as semifinais da Bundesliga, onde perdeu por 3-2 ante os que serían eventualmente campións, o Brose Baskets de Bamberg. Grazas a unha wild card, o Bayern xogou a Euroliga na seguinte temporada (2013-14). A pesar de ser esta a súa primeira aparición no campionato europeo, o club consegue chegar ao Top 16. Ese mesmo ano, o 18 de xuño, o Bayern gaña o seu terceiro título de liga tras derrotar ao Alba Berlin por 3-1 nas Finais. Este título supuxo o seu primeiro campionato tras cincuenta e nove anos (desde 1955). O xogador estrela do equipo era Malcolm Delaney, quen gañou o MVP e MVP das Finais. Na seguinte temporada, 2014-15, o Bayern chega de novo á final, aínda que perde fronte o Brose Baskets por 2–3.

Ano a ano AnoNivelLigaCopa Competicións europeas2008–09 2 ProA 8º 2009–10 2 ProA 8º 2010–11 2 ProA1º 2011–12 1 BBL 5º 2 Eurocup 2012–13 1 BBL 4ºTerceiro lugar 2013–14 1 BBL 1ºCuarto lugar 1 Euroliga 2014–15 1 BBL 2ºCuartos de final 1 Euroliga 2 Eurocup 2015–16 1 BBL 4ºSubcampión 1 Euroliga 2 Eurocup 2016–17 1 BBL 4ºSubcampión 2 EuroCup 2017–18 1 BBL 1ºCampión 2 EuroCup 2018–19 1 BBL 1º Cuartos de final 1 Euroliga 11º2019–20 1 BBL 5º Oitavos de final 1 Euroliga —2020–21 1 BBL 2ºCampión 1 Euroliga 2021–22 1 BBL 2º Cuartos de final 1 Euroliga

Xogadores Véxase tamén: Xogadores do FC Bayern München.

Cadro actual

Dorsais retirados Números retiradosNºXogadorPosiciónEtapa 6 Steffen Hamann B 2010–2014 24 Demond Greene E 2010–2014

Destacados

Danilo Barthel Robin Benzing Markus Bernhard Bastian Doreth Robert Garrett Anton Gavel Demond Greene Steffen Hamann Yassin Idbihi Jan Jagla Karim Jallow Alex King Maxi Kleber Artur Kolodziejski Hans-Jörg Krüger Robert Maras Olaf Radatz Bogdan Radosavljević Heiko Schaffartzik Dieter Schneider Klaus Schulz Philipp Schwethelm Andreas Seiferth Lucca Staiger Helmut Uhlig Paul Zipser Maik Zirbes John Bryant Justin Cobbs Jared Cunningham Malcolm Delaney George Devone Je'Kel Foster Darius Hall Ben Hansbrough Braydon Hobbs Jamar Howard Nick Johnson Rashad Jones-Jennings Dru Joyce Chad Prewitt Reggie Redding Lawrence Roberts K.C. Rivers Bryce Taylor Brandon Thomas Tony Thomason Deon Thompson Chevon Troutman Jonathan Wallace Tarvis Williams Ondřej Balvín Ruben Boumtje-Boumtje Vitalis Chikoko Nihad Đedović Amar Gegić Yotam Halperin Jared Homan Stefan Jović Vladimir Lučić Milan Mačvan Bo McCalebb Vasilije Micić Aleksandar Nađfeji Nedu Onyeuku Alex Renfroe Tyrese Rice Stuart Robbins Duško Savanović Boris Savović Vladimir Štimac Mirko Virijević

Títulos Liga Campións (5): 1954, 1955, 2014, 2018, 2019 Subcampións (1): 2015 Copa Campións (2): 1968, 2018 Subcampións (2): 2016, 2017 Supercopa Subcampións (1): 2014 Segunda División Campións (1): 2011

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Bayern Munchen