Na tempada 2010-2011 disputouse a 78ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os dez equipos da División de Honra, mais os catro equipos da fase de ascenso e dous equipos clasificados nunha fase previa.

Na final, xogada no Campo de El Pantano de La Vila Joiosa o 10 de abril de 2011, o Cetransa El Salvador derrotou ó VRAC Quesos Entrepinares (os dous clubs de Valladolid) por 13 a 0.Cetransa El Salvador vuelve a gritar "campeón" y le arrebata la Copa del Rey al VRAC Quesos Entrepinares, artigo de Marca.

Participantes A 78ª edición da Copa do Rei contou cunha fase previa de clasificación Copa del Rey 2010-2011 en Pasión Violeta e con 4 roldas eliminatorias (oitavos de final, cuartos de final, semifinais e final). Tiñan dereito a participar no torneo os 10 equipos da División de Honra, os 4 equipos da fase de ascenso a División de Honra, e outros 2 equipos saídos da fase previa de clasificación. Destes 16 clubs que deberían disputar a rolda de oitavos de final, tres rexeitaron participar: o CAU Valencia, o Vigo RC e o CR Les Abelles; de xeito que a Federación Española de Rugby tivo que axustar o formato do torneo e convidou a outro club, quedando en 14 o número de equipos participantes:El campeón abrirá la Copa del Rey en el 'Colegio', artigo de Marca.

Da División de Honra: CR La Vila Ordizia RE CR El Salvador Gernika RT VRAC CR Ciencias UE Santboiana CR Alcobendas Bera Bera RT CAU Valencia (rexeitou participar) Da fase de ascenso á División de Honra: Getxo RT CRC Pozuelo CR Les Abelles (rexeitou participar) Vigo RC (rexeitou participar) Da fase previa de clasificación:: Hernani CRE CR Cisneros Convidado: Durango RT

Torneo Oitavos de final: contou con seis enfrontamentos, a partido único, xogados o 19 e 20 de marzo de 2011:La Vila acogerá la final de una Copa del Rey que arranca ya, artigo de Marca. Durango 5-98 El Salvador Hernani 19-41 Gernika Cisneros 12-43 VRAC Getxo 6-48 Ciencias CRC 40-41 Santboiana Bera Bera 19-22 Alcobendas Como primeiros clasificados da liga, o CR La Vila e o Ordizia RE quedaron exentos da rolda de oitavos de final por mor da ausencia de rivais e foron clasificados directamente para cuartos de final. Cuartos de final Santboiana 16-28 Gernika El Salvador 19-9 La Vila Ciencias 37-17 Ordizia VRAC 51-16 Alcobendas Semifinais Gernika 17-27 El Salvador Ciencias 18-31 VRAC Final El Salvador 13-0 VRAC Cadro da competición a partir de cuartos de final

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos

2011 Categoría:Rugby en 2011