Puerto Serrano é un concello español da provincia de Cádiz, en Andalucía. Pertence á comarca da Sierra de Cádiz e tiña en 2014 unha poboación de 7.127 habitantes.
Atópase a unha altitude de 168 metros, na ribeira do río Guadalete. Está situado no norte da provincia, no seu límite coa de Sevilla, a 105 quilómetros da capital, Cádiz.
Nas súas proximidades atópase a estación final da Vía verde da serra entre Olvera e Puerto Serrano, realizada sobre a antiga infraestrutura do ferrocarril entre Xerez da Fronteira (Cádiz) e Almargen (Málaga), construído ao principio do século XX pero que nunca estivo en servizo.
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial
Categoría:Concellos da provincia de Cádiz