O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de disputouse en Zolder o 9 de maio de 1982. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de , o 40º Gran Premio de Bélxica e o noveno, que se celebrou no Autódromo de Zolder.

Cualificación

O piloto canadense Gilles Villeneuve morreu nun accidente durante a última sesión de clasificación. No momento do accidente, o seu compañeiro de equipo Didier Pironi fixara un tempo de 0,1 segundos máis rápido que Villeneuve no sexto lugar. Os periodistas deportivos contemporáneos e máis recentes din que trataba de mellorar o seu tempo na súa última volta. Algúns suxiren que especificamente para vencer a Pironi debido ao seu cabreo por ser adiantado por el dúas semanas antes nas voltas finais de San Marino, cando Villeneuve cría que Pironi recibira a orde de permanecer detrás de el.Bamsey (1983) p.50, Lang (1992) pp.96–97, Watkins (1997) p.98 and Fearnley (May, 2007) all write that Villeneuve was attempting to beat Pironi. Jenkinson (June 1982) writes only that he "was in the middle of a last desperate bid to improve his grid position." O biógrafo de Villeneuve Gerald Donaldson cita ao enxeñeiro de carreira de Ferrari Mauro Forghieri dicindo que o canadense, aínda que apremando ao seu xeito habitual, volvía a boxes co seu último xogo de pneumáticos de cualificación cando se produciu o accidente.Donaldson (2003) pp.296–298 Si fora así, el non establecería un tempo nesa volta.

A falta de oito minutos para rematar a sesión, Villeneuve achegouse á primeira chicane e atopou a Jochen Mass que pilotaba moito máis lentamente a través de Butte, a curva a esquerdas antes da curva Terlamenbocht. Mass viu a Villeneuve achegándose a gran velocidade e moveuse cara á dereita para deixarlle un paso na trazada. No mesmo instante Villeneuve tamén se moveu á dereita para pasar a Mass. O Ferrari golpeou a parte traseira do coche de Mass e saíu lanzado polo aire a unha velocidade estimada entre 200 e 225 km/h. Voou polo aire máis de 100 m antes aterrar e desintegrarse, logo dun salto mortal ao longo do bordo da pista. Villeneuve, aínda atado ao seu asento, pero sen o seu casco, saíu lanzado a 50 m dos restos no cercado de captura no bordo exterior da curva Terlamenbocht.Lang (1992) p.97

Varios pilotos detivéronse e correron ata o lugar. John Watson e Derek Warwick sacaron a Villeneuve da vala de seguridade.Fearnley (May, 2007) O primeiro médico chegou á escena aos 35 segundos para atopar que Villeneuve non respiraba, aínda que tiña pulso, foi entubado e ventilado antes de ser trasladado ao centro médico do circuíto e logo en helicóptero ao Hospital Universitario de San Rafael onde foi diagnosticada unha fractura de pescozo mortal.Watkins (1997) pp.96–98 A Villeneuve mantivérono vivo artificialmente, mentres a súa esposa viaxaba ao hospital e os médicos consultaban con especialistas de todo o mundo. Morreu ás 9:12 da noite.

O equipo Ferrari retirouse da carreira tralo accidente e abandonou o circuíto. Os últimos oito minutos da fase de clasificación disputáronse logo da retirada dos restos do accidente. Ningún piloto mellorou os seus tempos, quedando os Renault de Alain Prost e René Arnoux na primeira fila da grella.Lang (1992) pp.95 99

Carreira A carreira foi gañada por Watson por diante de Keke Rosberg e Eddie Cheever. Niki Lauda terminou en terceiro lugar na carreira, pero foi descualificado cando o seu coche foi atopado con baixo peso na verificación técnica posterior á carreira.

Clasificación

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 7 John Watson McLaren-Ford 70 1:35:41.995 10 9 2 6 Keke Rosberg Williams-Ford 70 + 7.268 3 6 3 25 Eddie Cheever Ligier-Matra 69 + 1 volta 14 4 4 11 Elio de Angelis Lotus-Ford 68 + 2 voltas 11 3 5 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 67 + 3 Laps 8 2 6 20 Chico Serra Fittipaldi-Ford 67 + 3 voltas 23 1 7 29 Marc Surer Arrows-Ford 66 + 4 voltas 22 8 18 Raul Boesel March-Ford 66 + 4 voltas 24 9 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 66 + 4 voltas 17 DSC 8 Niki Lauda McLaren-Ford 70 Descualificado 4 Ret 5 Derek Daly Williams-Ford 60 Trompo 13 Ret 17 Jochen Mass March-Ford 60 Motor 25 Ret 15 Alain Prost Renault 59 Trompo 1 Ret 2 Riccardo Patrese Brabham-BMW 52 Trompo 9 Ret 30 Mauro Baldi Arrows-Ford 51 Acelerador 26 Ret 31 Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 37 Á rota 16 Ret 22 Andrea de Cesaris Alfa Romeo 34 Caixa de cambios 6 Ret 4 Brian Henton Tyrrell-Ford 33 Motor 20 Ret 3 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 29 Motor 5 Ret 35 Derek Warwick Toleman-Hart 29 Transmisión 19 Ret 36 Teo Fabi Toleman-Hart 13 Freos 21 Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 9 Embrague 7 Ret 16 René Arnoux Renault 7 Turbo 2 Ret 9 Manfred Winkelhock ATS-Ford 0 Embrague 12 Ret 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 0 Colisión 15 Ret 10 Eliseo Salazar ATS-Ford 0 Colisión 18 NTS 28 Didier Pironi Ferrari Retirouse NTS 27 Gilles Villeneuve Ferrari Accidente mortal NSC 14 Roberto Guerrero Ensign-Ford NSC 33 Jan Lammers Theodore-Ford NSCP 32 Riccardo Paletti Osella-Ford NSCP 19 Emilio de Villota March-Ford

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Alain Prost 18 2 John Watson 17 3 Keke Rosberg 14 4 Niki Lauda 12 5 Didier Pironi 10

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Ford 29 2 Renault 22 3 Williams-Ford 20 4 Ferrari 16 5 Tyrrell-Ford 10

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas Didier Pironi e todo o equipo Ferrari retiráronse e non competiron na carreira. Pironi sería o único piloto de Ferrari que participaría nas posteriores carreiras de Mónaco, Detroit (EE.UU.) e Canadá. Nesta carreira Chico Serra logrou o primeiro e único punto.

Véxase tamén

Ligazóns externas ''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Bibliografía Libros

Revistas

Bélxica Categoría:Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1