Emilio Gutiérrez de la Cámara, nado en Aguilar de la Frontera o 21 de xullo de 1836 e finado en Madrid o 5 de marzo de 1899, foi un militar e político español.

Traxectoria Fillo dunha familia de propietarios agrarios cordobeses. En 1853 ingresou como cadete no Colexio de Cabalaría, en 1856 ascendeu a alférez e despois a tenente. Permaneceu en distintas guarnicións e en 1868 participou na batalla de Alcolea baixo as ordes do xeneral Antonio Caballero de Rodas. Fixo a primeira campaña de Cuba co xeneral Caballero de Rodas. Chegou a xeneral de división. Na Restauración foi elixido deputado polo distrito da Estrada nas eleccións de 1876 e polo de Caldas de Reis nas eleccións de 1879. Foi elixido senador en 1886 pola provincia de Puerto Príncipe (Cuba). Nas eleccións de 1891 foi elixido deputado polo distrito de Sancti-Spíritus (Cuba). Foi secretario do Consello Supremo de Guerra e Mariña (1895-1898). Finou en Madrid en marzo de 1899.La Correspondencia de España, 7-3-1899, p. 3.

Vida persoal Casou en 1871 con Matilde de la Torre Perovani, filla de Elvira Perovani della Torre, neta do pintor italiano Giuseppe Perovani.Expediente personal del Senador D. Emilio Gutiérrez de la Cámara, por la provincia de Puerto Príncipe (Cuba).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Biografía na Real Academia da Historia.

Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Expediente personal del Senador D. Emilio Gutiérrez de la Cámara, por la provincia de Puerto Príncipe (Cuba)

Categoría:Militares de Andalucía Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en Aguilar de la Frontera Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1899