Juan Vicente Herrera Campo, nado en Burgos o 23 de xaneiro de 1956, é un avogado e político español, presidente da Xunta de Castela e León, procurador nas Cortes de Castela e León do grupo parlamentario popular pola provincia de Burgos desde a IV lexislatura.
Traxectoria
Cursou dereito na Universidade de Navarra e actualmente está colexiado como avogado en Burgos e Madrid. Foi secretario xeral da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Castela e León desde o ano 1992 ata o remate da III Lexislatura e voceiro do Grupo Parlamentario Popular nas Cortes de Castela e León desde o ano 1995 ata febreiro de 2001. Ao ser o presidente da Xunta, Juan José Lucas, nomeado ministro da Presidencia Juan Vicente Herrera pasou a ser o máximo responsable do goberno rexional e presidente do Partido Popular rexional desde outubro de 2002. En 2003 o seu partido gañou por maioría absoluta as eleccións autonómicas, presetándoo a el como candidato a presidir o goberno, encabezando a lista da provincia de Burgos. Nas eleccións de 2007 o seu partido revalidou a maioría absoluta na cámara rexional con igual número de escanos ca nas eleccións de 2003. Nas eleccións de 2011 o PP aumentou tanto o número de votos como de procuradores.
Cargos políticos desempeñados
Presidente do PP de Burgos (1993-2001). Procurador pola provincia de Burgos nas Cortes de Castela e León (1995-actualidade). Voceiro do PP nas Cortes de Castela e León (1995-2011). Presidente da Xunta de Castela e León (desde 2001). Secretario xeral dol PP de Castela e León (2001-2002). Presidente do PP de Castela e León (desde 2002).
Categoría:Nados en Burgos Categoría:Nados en 1956 Categoría:Presidentes da Xunta de Castela e León Categoría:Políticos do PP Categoría:Avogados Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Medalla de Ouro de Galicia