Georg Böhm, nado o 2 de setembro de 1661 en Hohenkirchen (daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico e actualmente en Turinxia, Alemaña) e finado o 18 de maio de 1733 en Lüneburg, foi un compositor e organista alemán do Barroco. É especialmente destacado polo seu desenvolvemento da partita coral e pola súa influencia no xove Johann Sebastian Bach.

Traxectoria Böhm naceu o 2 de setembro de 1661 en Hohenkirchen. Recibiu as súas primeiras leccións musicais da man de seu pai, un mestre e organista que morreu en 1675. Tamén puido ter recibido leccións de Johann Heinrich Hildebrand, cantor en Ohrdruf, que foi alumno de Heinrich Bach e Johann Christian Bach. Logo da morte de seu pai, Böhm estudou na Lateinschule de Goldbach, e posteriormente no Gymnasium de Gotha, onde se graduou en 1684. Ambas as cidades tiñan cantores que foran ensinados polos mesmos membros da familia Bach que puideron ter influenciado a Böhm. O 28 de agosto de 1684 Böhm entrou na Universidade de Jena. Pouco se sabe dos seus anos na universidade ou sobre a súa vida despois da graduación. Só reapareceu en 1693, en Hamburgo. Non sabemos nada de como era a súa vida alí, mais suponse que foi influenciado pola vida musical da cidade e os seus arredores. En Hamburgo eran frecuentes as representacións de óperas francesas e italianas, mentres que no terreo da música sacra, Johann Adam Reincken, da Katharinenkirche (Igrexa de Santa Catarina) foi un dos principais organistas e compositores de música para teclado do seu tempo. Böhm puido ter escoitado tamén a Vincent Lübeck na achegada Stade, ou posiblemente a Dieterich Buxtehude en Lübeck, que tamén estaba próxima a Hamburgo.McLean, Grove.

En 1698 Böhm sucedeu a Christian Flor como organista da principal igrexa de Lüneburg, Johanniskirche (Igrexa de San Xoán). Pouco despois da morte de Flor en 1697, Böhm presentouse a unha audición para o posto, mencionando que non tiña un posto fixo no momento. Axiña foi aceptado polo consello da cidade, trasladándose a Lüneburg e ocupando o posto ata a súa morte. Casou e tivo cinco fillos. Entre 1700 e 1702 puido ter coñecido e mesmo titorizado a Johann Sebastian Bach, quen chegou a Lüneburg en 1700 e estudou na Michaelisschule, unha escola asociada á Michaeliskirche (Igrexa de San Miguel). Practicamente non existe evidencia directa que probe que Bach estudara con Böhm, e de feito o estudo co organista da Johanniskirche tería sido difícil para un alumno da Michaelisschule, xa que había rivalidade entre os dous coros. Aínda que esta aprendizaxe é moi probable. Nun escrito de Carl Philip Emmanuel Bach dirixido a Johann Nikolaus Forkel en 1775, afirmou que seu pai amaba e estudou a música de Böhm, e unha corrección na súa nota mostra que o seu primeiro pensamento era dicir que Böhm fora profesor de Johann Sebastian. O 31 de agosto de 2006 anunciouse o descubrimento dos primeiros manuscritos coñecidoos de Bach, un deles (unha copia da famosa fantasía coral An Wasserflüssen Babylon de Reincken) indica "Il Fine â Dom. Georg: Böhme descriptum ao. 1700 Lunaburgi". O "Dom." pouco pode suxerir a parte de "domus" (casa) ou "Dominus" (mestre), mais en calquera caso proba que Bach coñecía persoalmente a Böhm.Williams 2007, 375. Esta conexión debe terse convertido nunha amizade achegada que durou moitos anos, xa que en 1727 Bach nomeou nada menos que a Böhm como o seu axente no norte para a venda das partitas para teclado nos. 2 e 3.Wolff, Grove.

Böhm morreu o 18 de maio de 1733 á avanzada idade de 71 anos. O seu fillo Jakob Christian, que herdara o seu posto, morreu xove. O posto foi finalmente para Ludwig Ernst Hartmann, Böhm o seu xenro.

Obra

Böhm é coñecido principalmente polas súas composicións para frauta, órgano e clavicémbalo (principalmente preludios, fugas, e partitas). Moitas das súas obras foron compostas con flexibilidade sobre os instrumentos en mente: unha obra podía ser interpretada no órgano, no clavicémbalo, ou no clavicordio, dependendo da situación na que se encontrase o instrumentista. A música de Böhm destaca polo seu uso do stylus phantasticus, un estilo interpretativo baseado na improvisación.

A contribución máis importante de Böhm á música para teclado do Norte de Alemaña foi a partita coral, unha composición a grande escala consistente en varias variacións dunha melodía coral en concreto. Foi Böhm quen efectivamente inventou o xénero, escribindo varias partitas de diversa duración e sobre temas diversos. Compositores posteriores tamén desenvolveron o xénero, especialmente Johann Sebastian Bach. As partitas corais de Böhm contan cunha figuración sofisticada en varias voces sobre a estrutura harmónica do coral. As súas partitas teñen xeralmente un carácter rústico e poden levarse a cabo con éxito en calquera órgano ou clavicémbalo.

Gravacións Complete Harpsichord and Organ Music - Simone Stella (clavicémbalo, órgano), OnClassical (OC72-75B), Brilliant Classics (BC 94612), 2013.

Notas

Véxase tamén Bibliografía McLean, Hugh J. "Böhm, Georg", Grove Music Online, ed. L. Macy (consultado o 23 de marzo de 2006), grovemusic.com (require subscrición) Williams, Peter F. 2007. J.S. Bach: A Life In Music. Cambridge University Press. 9780521870740 Waldschmidt, Carl L. Georg Böhm: his Life and Works, diss., Northwestern U., 1963. Cumrine, Carol Ann. The Keyboard and Vocal Settings of Georg Boehm: an Analysis of Style as Dictated by Text, diss., Syracuse U., 1972. Verkade, Gary G. Georg Böhm: Vater unser in Himmelreich á claviers et pedal: the Concept of Order, diss., U. of Iowa, 1987. (Another title: The Concept of Order in the Keyboard Works of Georg Böhm.) Müller-Buscher, Henning. Georg Böhms Choralbearbeitungen für Tasteninstrumente. Laaber, 1979. ISBN 3-921518-07-5. Discusses in-depth most of Böhm's chorale settings, including the main themes in each. There is a fair amount of related discussion as well, including aspects of Böhm's life. For a more complete list, see bibliography in McLean.

Ligazóns externas Bach-Cantatas.com, por Aryeh Oron - biografía de Böhm Bach's "Canons & Fugues", por Timothy A. Smith - pequena biografía de Böhm De Muziek -bus - pequena biografía de Böhm

Categoría:Nados en 1661 Categoría:Finados en 1733 Categoría:Compositores de Alemaña Categoría:Compositores do Barroco Categoría:Nados en Turinxia