dereita|miniatura|Estatua de Karin Boye na biblioteca pública de Göteborg, Suecia.

Karin Boye, nada en Gotemburgo o 26 de outubro de 1900 e finada en Alingsås o 23 de abril de 1941, foi unha escritora sueca.

Traxectoria Naceu en Gotemburgo e con nove anos mudouse coa familia a Estocolmo (en 1909). Estudou na Universidade de Uppsala dende 1921 até 1926. A súa primeira colección de poemas foi Moln. Durante a súa etapa en Uppsala (até 1930), Boye foi membro do grupo socialista Clarté. Entre 1929 e 1934 estivo casada con outro integrante deste club, Leif Björck. En 1932, logo da separación do seu home, mantivo unha relación con Gunnel Bergström, quen deixara o poeta sueco Gunnar Ekelöf por Boye.

En 1931, canda Erik Mesterton e Josef Riwkin, fundou a revista literaria Spektrum; nas súas follas publicaron traducións de obras de T. S. Eliot ou de escritores vinculados ao surrealismo.

Suicidouse en 1941 con somníferos.

A asociación literaria Karin Boye sällskapet foi fundada en 1983 e leva a cabo un labor de difusión da súa obra.

Obras Entre a produción poética da autora, destaca Ja visst gör det ont e I rörelse, ambos os poemas dentro da colección Härdarna (1927), así como För trädets skull (1935). Foi membro da institución literaria sueca Samfundet De Nio dende 1931 até o seu pasamento.

En canto á narrativa, a novela Kris trata a súa propia crise relixiosa e o lesbianismo. En Merit vaknar e För lite explora os papeis masculino e feminino. Kallocaína, novela inspirada no apoxeo do nacionalsocialismo en Alemaña, é un retrato dunha sociedade antiutópica emparentada con Nineteen Eighty-Four de George Orwell e Un feliz mundo novo de Aldous Huxley.

Véxase tamén Ligazóns externas Sociedade Kari Boye

Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Tradutores Categoría:LGBTIQ+ Categoría:Nados en Gotemburgo Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala