O CDC42 ou proteína do ciclo de división celular 42 (do inglés cell division cycle 42) ou homólogo da proteína de control da división celular 42 (do inglés Cell division control protein 42 homolog)HomoloGene - NCBI 123986 é unha proteína implicada na regulación do ciclo celular. Nos humanos, o CDC42 está codificado polo xene CDC42 do cromosoma 1.
Función O CDC42 humano é unha GTPase da familia Rho, que regula vías de sinalización que controlan diversas funcións celulares como a morfoloxía celular, migración, endocitose e progresión do ciclo celular. Esta proteína é moi similar ao Cdc 42 de Saccharomyces cerevisiae, e pode complementar o mutante cdc42-1 de dito lévedo. O produto do oncoxene Dbl cataliza especificamente a disociación do GDP desta proteína. Esta proteína podería regular a polimerización da actina por medio da súa unión directa á proteína da síndrome de Wiskott-Aldrich neural (N-WASP), que seguidamente activa o complexo Arp2/3. O splicing alternativo deste xene dá lugar a múltiples variantes de transcrición.
Interaccións O CDC42 presenta interaccións con:
Fosfolipase D1, ARHGAP1, PAK7, CDC42EP3, PARD6B, ERRFI1, BNIPL, PAK1, ARHGDIA, PAK2, WASL, GDI1, CDC42EP2, BNIP2, PARD6A, IQGAP2, IQGAP1, ITSN1, TRIP10, MAP3K11, MAP3K10, BAIAP2, proteína da síndrome de Wiskott-Aldrich, RICS PAK4.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
CDC42 Información con ligazóns en Cell Migration Gateway
Categoría:Proteínas