Jonathan Kimble Simmons, nado en Detroit (Míchigan) o 9 de xaneiro de 1955, é un actor estadounidense.
Traxectoria A súa nai Patricia Kimble era administrativa e o seu pai, Donald William Simmons, profesor. Ten un irmán, David, cantante e escritor, e unha irmá, Elizabeth. Asistiu á Universidade de Montana e foi membro do teatro Seattle Repertory Theatre.
Antes da súa carreira no cinema e na televisión, Simmons foi actor e cantante de Broadway, actuando nas obras Guys and Dolls e Carousel. É coñecido polo seu papel do doutor Emil Skoda, un policía especializado en psiquiatría na serie Law & Order e como o sádico prisioneiro Vernon Schillinger no drama carcerario da HBO Oz.
Foi eloxiado pola súa interpretación de Mac McGuff, pai de Juno, no filme dese título. Interpretou tamén o obsesivo e egocéntrico editor de xornal J. Jonah Jameson nos tres filmes da serie de Spider-Man.
Filmografía Ano Título 1994 The Ref 1994 The Scout 1996 The First Wives Club 1996 Ao cruzar o límite 1997 Love Walked In 1997 Crossing Fields 1997 The Jackal 1998 Celebrity 1998 Above Freezing 1999 Hit and Runway 1999 As normas da casa da sidra 1999 For Love of the Game 2000 Autumn in New York 2000 The Gift 2001 The Mexican 2002 Spider-Man 2003 Off the Map 2004 Hidalgo 2004 The Ladykillers 2004 Spider-Man 2 2005 Thank You for Smoking 2005 Harsh Times 2006 First Snow 2006 The Astronaut Farmer 2007 Spider-Man 3 2007 Postal 2007 Juno 2007 Rendition 2008 Burn After Reading 2009 The Vicious Kind 2009 New in Town 2009 The Way of War 2009 Red Sands 2009 I Love You, Man 2009 Post Grad 2009 Extract 2009 Up in the Air 2009 Jennifer's Body 2010 4192: The Crowning of the Hit King 2010 Crazy on the Outside 2010 An Invisible Sign 2010 A Beginner's Guide to Endings 2011 The Music Never Stopped 2011 The Good Doctor 2012 The Words 2012 Contraband 2013 Geezers! 2013 Jobs 2013 Labor Day 2013 Dark Skies 2014 Whiplash 2014 Barefoot 2014 Break Point 2014 Murder of a Cat 2014 The Rewrite 2014 Men, Women & Children 2015 Terminator Genisys
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de Míchigan Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro musical dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Detroit Categoría:Nados en 1955