César Pelli, nado en San Miguel de Tucumán o 12 de outubro de 1926 e finado en Nova York o 19 de xullo de 2019, foi un arquitecto arxentino, Estudou arquitectura e graduouse na Universidade Nacional de Tucumán. Posteriormente comezou a traballar no seu país, ata que en 1952 se trasladou aos Estados Unidos, onde obtivo a nacionalidade estadounidense. Viviu en New Haven, Connecticut, e dirixiu o estudo Pelli-Clarke-Pelli.

A súa obra máis famosa constitúena as Torres Xemelgas Petronas de Kuala Lumpur, que dende 1998 e ata mediados de 2003 foron os edificios máis altos do mundo. Destácase unha busca de elegancia e sobriedade nas liñas, e o intento de crear unha imaxe ao mesmo tempo moderna e arcaica. Despois da súa morte en 2019, o entón primeiro ministro de Malaisia, Mahathir bin Mohamad, tamén expresou as condolencias.

En España son obras súas a Torre de Cristal, un dos catro rañaceos do Cuatro Torres Business Area de Madrid; a Torre Iberdrola de Bilbao e a Torre Cajasol de Sevilla.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial do estudo de César Pelli

Categoría:Arquitectos da Arxentina Categoría:Nados na provincia de Tucumán Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Tucumán Categoría:Arquitectos dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia arxentina Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana Categoría:Alumnos da Universidade de Illinois Urbana-Champaign Categoría:Profesores da Universidade Yale