Galicia en Madrid foi unha revista editada en Madrid entre 1905 e 1909.
Historia e características Revista literaria de carácter semanal defensora dos intereses galegos, apareceu o 3 de decembro de 1905La Correspondencia Gallega, 29-11-1905, p. 3.. Editada polo Centro Galego de Madrid, estaba dirixida por José Eleicegui LópezEl Noroeste, 17-12-1905, 2.. Entre os seus colaboradores figuraron Juan Barcia Caballero, Enrique Labarta Pose, Francisco Portela Pérez, José Rivas MontenegroLa Correspondencia Gallega, 31-3-1906, p. 3. e Alfredo García Ramos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Madrid Categoría:Revistas literarias de España