dereita|miniatura|240px|Voitre leonado no zoo de Madrid O Parque zoolóxico de Madrid (Zoo Aquarium de Madrid), é un zoo que se acha en Madrid (España), exactamente no gran parque forestal urbano da Casa de Campo. O parque pertence a Parques Reunidos S.A..

Foi inaugurado en 1972; ocupa unha área de 20 ha e inclúe 500 especies cun total de 6000 exemplares. Ademais das instalacións dos animais dos cinco continentas, salientan as instalacións dos golfiños, dos leóns mariños, das rapinas, e das aves exóticas.

Historia miniatura|250px|Golfiños

O primeiro zoolóxico de Madrid data do ano 1770, a Casa de Fieras del Retiro, fundado por Carlos III.

O promotor do actual Zoo de Madrid foi Antonio Lleó de la Viña, que construíu as instalacións na Casa de Campo. O proxecto inicial do Zoo de Madrid estivo a cargo do arquitecto catalán Jordi Mir Valls, gañador do concurso convocado para tal efecto. O parque inagurouse en 1972.

Quince anos despois, en 1987, contruíuse o delfinario. Inaugurouse con sete exemplares de arroaz común ou boto (Tursiops truncatus). Construíuse tamén o pavillón Naturaleza Misteriosa onde se exhibe unha escolma de réptiles, anfibios e invertebrados.

En 1995 construíuse na parte suroeste do recinto o Aquarium, con forma de pirámide de cristal, mide 3.000 m².

En 1997, comezaron as exhibicións de voos de aves de rapina e exóticas nunha zona achegada ao delfinario.

En 2002, a raíña Sofía inaugura as aulas de educación ambiental do Zoo Aquarium.

En 2003, construíuse a instalación para leóns mariños (Zalophus californianus) e pingüíns (Spheniscus demersus).

En 2006 construíuse o complexo de primates do sueste asiático (orangutáns e xibóns de mans brancas (Hylobates lar).

Dende setembro de 2007 o zoolóxico ten un novo complexo con pandas xigantes (Ailuropoda melanoleuca). Os dous primeiros exemplares foron doados polo goberno chinés.

Crianza de animais No zoo de Madrid críanse un importante número de especies como o panda xigante, a foca grisalla, a cobra de monóculo (Naja kaouthia) e o orangután de Borneo.

En 2007/2008 participou en 30 programas EEP e 21 programas ESB coordinados pola EAZA.

Instalacións e especies O parque zoolóxico de Madrid exhibe unha colección de máis de 6000 animais de máis de 500 especies diferentes dos 5 continentes.

En 1987 construíuse o delfinario. Inaugurouse en agosto do mesmo ano, importando os animais dende Marineland Cataluña.

En 1995, construíuse o acuario. Ten 35 acuarios de exposición. Hai máis de 200 especies, principalmente peixes e invertebrados mariños.

Servizos O parque ten varios restaurantes, quioscos de comida e tendas de recordos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos VigoNature

Ligazóns externas

Web do zoo

Categoría:Parques zoolóxicos Categoría:Acuarios de España Categoría:Parques de Madrid