Clara Corral Aller, nada en Ourense o 8 de xuño de 1847 e finada na Coruña o 9 de febreiro de 1908, foi unha poeta galega.

Traxectoria miniatura|Tumba de Clara Corral no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Filla do médico e filósofo Dimas Corral Rebellón. En 1852 trasladouse coa familia a Lugo. Orfa de pai e nai mudouse coas súa irmás Consuelo e Rita a Santiago de Compostela en 1868 e dedicouse ao seu labor literario. Consérvanse os seus poemas aparecidos na prensa da época, El Diario de Santiago, Revista Compostelana de Instrucción y Recreo e La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1884 trasladouse a vivir á Coruña co seu irmán e a súa cuñada. En 1891 publicou A Herminia, dedicado á súa sobriña orfa, filla da súa irmá Rita, que foi, igual ca ela, membro correspondente da Real Academia Galega, creada en 1906.

Obra Clara Corral escribiu empregando o galego e o castelán:

“Á una flor” (Almanaque de Galicia para uso de la juventud elegante y de buen tono, 1866)

“Armonías” (El Diario de Santiago, 1872-73) “Mi ideal” (El Diario de Santiago) “Prismas” (El Diario de Santiago, 1872-73) “Una tempestad” (El Diario de Santiago, 1872-73) “Vendrá” (El Diario de Santiago, 1872-73) “Una lágrima” (La Revista Compostelana, 1876) “Lonxe vai miña alegría” (La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879) “O ben na terra” (La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879) “O día de San Antón” (La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879) ”A Herminia” (Pontevedra, 1891) Poesías en gallego y asturiano (1980; edición de Dimas Romero Vázquez).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1908 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público