Berhaneyesus Demerew Souraphiel, nado o 14 de xullo de 1948 en Tchela Claka (Etiopía) é un eclesiástico católico etíope, metropolita de Adís Abeba dende 1999.

Traxectoria Berhaneyesus Demerew Souraphiel naceu o 14 de xullo de 1948 en Tchela Claka, preto de Hārer, en Etiopía. Estudou no seminario maior de Makanissa e ingresou na Congregación da Misión. Foi ordenado sacerdote o 4 de xullo de 1976, e posteriormente estudou Socioloxía na Pontificia Universidade Gregoriana.

En 1990 foi nomeado superior provincial dos lazaristas en Adís Abeba. En 1994 foi nomeado prefecto de Jimma-Bonga. O 7 de novembro de 1997 foi nomeado bispo auxiliar de Adís Abeba e bispo titular de Bita. Recibiu a ordenación episcopal o 25 de xaneiro de 1998 de mans do cardeal Paulos Tzadua.

O 7 de xullo de 1999 foi nomeado arcebispo metropolita de Adís Abeba.

O 7 de marzo de 2009 Bieito XVI nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.

O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco confirmouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.

O 14 de febreiro de 2015 o papa Francisco creouno cardeal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Etiopía Categoría:Bispos católicos de Etiopía Categoría:Metropolitas de Adís Abeba Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Relixiosos católicos de Etiopía Categoría:Cardeais creados por Francisco Categoría:Cardeais de Etiopía Categoría:Lazaristas Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais