Alejandro Marque Porto, nado na Estrada o 23 de outubro de 1981, é un ciclista profesional galego. Dende 2017 corre no equipo portugués Atum General–Tavira–Maria Nova Hotel.
Traxectoria Debutou coma profesional en 2004, e desenvolveu toda a súa carreira deportiva profesional en equipos portugueses de categoría Continental. A súa primeira vitoria profesional foi en 2009, no GP Costa Azul. No 2012 acadou a primeira etapa da Volta a Asturias tras estar escapado gran parte da etapa."Alejandro Marque se impone en una loca primera etapa", artigo en As, 27 de abril de 2012 . Esa tempada foi terceiro no campionato de España contra o reloxo e tamén gañou a crono da Volta a Portugal e a 4ª Etapa do GP Abimota. O seu maior logro é o triunfo na Volta a Portugal 2013, onde se vestiu de amarelo a falta dunha xornada, gañando novamente a contra o reloxo e impoñéndose sobre o seu compañeiro de equipo Gustavo César Veloso por só 4 segundos."Alejandro Marque sucede a David Blanco en la Vuelta a Portugal", artigo en Abc, 18 de agosto de 2013 .
A súa boa actuación en Portugal, fixo que de cara á tempada 2014 se confirmase a súa fichaxe polo Movistar Team."El ganador de la Vuelta a Portugal firma con Movistar Team", artigo en biciciclismo.com . Porén o 13 de decembro de 2013 saíu á luz un resultado anómalo por betametasona nun control antidopaxe durante a Volta a Portugal.Resultado anómalo del ganador de la Vuelta a Portugal Debido a isto, o Team Movistar, non fixo efectivo o contrato asinado posto que había unha cláusula pola que o ciclista tiña que asegurar que chegaba o equipo sen ningún tipo de problemas no referente a dopaxe e no caso de que os houbese, o contrato deixaría de ter valor inmediatamente.Movistar Team: “Alejandro Marque no formará parte del equipo” Ese mesmo día o ciclista deu as súas explicacións primeiro nun comunicado e máis tarde nunha rolda de prensa, onde manifestou que debido a unha lesión no xeonllo fora infiltrado para poder correr a carreira e que tanto os médicos como a UCI estaban ó tanto da situación.Alex Marque: “No hay ningún engaño en mi uso de la betametasona” biciciclismo.com
Palmarés 2009 1 etapa do Gran Premio Crédito Agrícola da Costa Azul
2012 1 etapa da Volta a Asturias 3º no Campionato de España contra o reloxo 15px 1 etapa da Volta a Portugal
2013 Volta a Portugal, máis 1 etapa
Equipos Carvalhelhos-Boavista (2004-2005) Imoholding-Loule Jardim Hotel (2006) Madeinox-BRIC-Loule (2007) Palmeiras Resort (2008-2010) Palmeiras Resort-Tavira (2008) Palmeiras Resort-Prio (2009-2010) Onda (2011) Carmin-Prio (2012) OFM-Quinta da Lixa (2013-)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas http://www.ciclo21.com/alex-marque-ciclista-del-ano-en-portugal-2/ Ficha de Alejandro Marque (cqranking.com) Ficha de Alejandro Marque (sitiodeciclismo.net)
Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1981 Categoría:Gañadores da Volta a Portugal Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes