La Voz de Galicia foi unha revista que se editou en Montevideo primeiramente en 1880 e en 1885 nunha segunda época.

Historia e características Subtitulada Revista Semanal de Ciencias, Artes y Literatura, apareceu o 1 de febreiro de 1880. Fundada por Benigno Fernández Carvajal, estaba dirixida por Benigno Salgado Vázquez. Apareceron 12 números cesando a súa publicación o 18 de abril dese ano.

Tivo unha segunda etapa entre febreiro e abril de 1885.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Montevideo