A lingua siksiká (ᓱᖽᐧᖿ), tamén coñecida como lingua pés negros, é unha lingua algonquina falada pola tribo dos pés negros, que viven nas chairas do noroeste de Norte América. Case tódolos falantes viven no Canadá. Existen catro dialectos do siksiká, tres deles falados en Alberta, e outro falada nos Estados Unidos. O siksiká está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Existen diferenzas entre o siksiká antigo (tamén chamado alto siksiká), que é falado pola xente maior, e o siksiká moderno, falado pola xente nova.Bortolin & McLellan (1995) Entre as linguas algonquinas, o siksiká é relativamente diverxente na fonoloxía e no léxico.Mithun (1999:335) Ó igual que as outras linguas algonquinas, o siksiká é tipoloxicamente polisintética.
A academia Cuts Wood de Browning, Montana, fundada por Darrell Kipp e o Insituto Piegan, ofrecen cursos de inmersión en siksiká.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas