Samir Hadji, nado o 2 de setembro de 1989 en Creutzwald, Mosela (Lorena) é un futbolista profesional franco-marroquí que xoga na posición de dianteiro no CS Fola Esch da BGL Ligue, máxima categoría do fútbol luxemburgués. É fillo do exfutbolista internacional Mustapha Hadji.

Traxectoria Hadji comezou a súa carreira xogando para o club da súa cidade natal: o SR Creutzwald. En 2007 marchou cara a Alemaña asinando co 1. FC Saarbrücken da Oberliga, a quinta categoría do fútbol alemán. Despois de dous anos Hadji volveu a Francia asinando cun dos ex-equipos do seu pai, o AS Nancy. Alí pasou dos anos xogando no equipo do Campionato de Francia afeccionado, onde xogou 59 partidos para marcar 18 goles, antes de asinar polo RC Strasbourg en xullo de 2010. Hadji debutou como profesional o 30 de xullo de 2010 en encontro da Coupe de la Ligue contra o Évian, saíndo de titular e xogando os 120 minutos do encontro, no que o seu equipo foi eliminado por 5-4 na rolda de penaltis. En 2012 asinaría polo CS Fola Esch de Luxemburgo, con quen gañaría a liga na tempada 2012-13. Desde o 7 de xaneiro de 2015 está adestrando co Club Deportivo Lugo da Liga Adelante.

Clubs ClubCategoríaAnoPXGoles1. FC Saarbrücken Oberliga5ª2007-2008001. FC Saarbrücken Oberliga5ª2008-200921AS Nancy B CFA4ª2009-20105918RC Strasbourg National3ª2010-2011101Hassania Agadir Botola Pro1ª2011-201230CS Fola Esch BGL Ligue 1ª2012-2013246CS Fola Esch BGL Ligue 1ª2013-20142512CS Fola Esch BGL Ligue 1ª2014-201562

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Samir Hadji en lequipe.fr Perfil de Rennella en Transfermarkt

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no departamento de Mosela Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Futbolistas de Marrocos Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Saarbrücken FC Categoría:Xogadores do RC Strasbourg Categoría:Xogadores do Hassania Agadir Categoría:Xogadores do CS Fola Esch