Paolo Taviani, nado en San Miniato (Toscana) o 8 de novembro de 1931 e finado en Roma o 29 de febreiro de 2024 e Vittorio Taviani, nado na mesma localidade o 20 de setembro de 1929 e finado en Roma o 15 de abril de 2018Addio al regista Vittorio Taviani son directores de cinema e guionistas italianos. Sempre traballaron xuntos, dirixindo cada un escenas alternas.

Traxectoria Ambos os dous comezaron as súas carreiras como xornalistas. Chegaron ao mundo do cinema en 1960, dirixindo con Joris Ivens o documental L'Italia non è un paese povero, ao que seguiron Un uomo da bruciare (1962) e I fuorilegge del matrimonio (1963), con Valentino Orsini.

O seu primeiro filme autónomo foi I sovversivi (1967) e gañaron atención con Baixo o signo de scorpio (1969). En 1977 gañaron a Palma de Ouro do Festival de Cannes con Padre padrone.

Filmografía San Miniato, luglio '44 (1954) L'Italia non è un paese povero (con Joris Ivens, 1960) Un uomo da bruciare (con Valentino Orsini, 1962) I fuorilegge del matrimonio (con Valentino Orsini, 1963) I sovversivi (1967) Baixo o signo de scorpio (1969) San Michele aveva un gallo (1972) Allonsanfàn (1974) Padre Padrone (1977) Il prato (1979) La notte di San Lorenzo (1982) Kaos (1984) Bos días Babilonia (1987) O sol de noite (1990) Fiorile (1993) Le affinità elettive (1996) Tu ridi (1998) Un altro mondo è possibile (2001) Resurrezione (2001, telefilme) Luisa Sanfelice (2004, miniserie) La masseria delle allodole (2007) Cesare deve morire (2012) Maraviglioso Boccaccio (2015) Una questione privata (2017)

Colaboradores Nicola Piovani compuxo a banda sonora de oito dos seus filmes, desde La notte di San Lorenzo a Luisa Sanfelice, agás Le affinità elettive, que tivo música de Carlo Crivelli.

Lina Nerli Taviani, esposa de Paolo, foi a deseñadora do vestiario da meirande parte dos seus filmes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Paolo Taviani en IMDb Vittorio Taviani en IMDb

Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Nados na provincia de Pisa Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Finados en 2024