O National Film Registry (NFR) é o catálogo nacional de preservación do cine dos Estados Unidos (NFPB), unha selección de filmes da Biblioteca do Congreso. O NFP, estabelecido pola Acta de Preservación do Cine Nacional de 1988, foi reautorizado polas actos do congreso de 1992, 1996, 2005 e de outubro de 2008. A lei de 1996 creou tamén a Fundación da Preservación do Cine Nacional que, malia estar afiliada NFPB, recada cartos do sector privado.
Criterios de selección A NFPB engade ao NFR ata 25 "películas cultural, histórica ou esteticamente significativas" cada ano, mostrando a variedade e diversidade do patrimonio cinematográfico estadounidense para aumentar a conciencia sobre a súa preservación. Un filme pode ser incluído dez anos despois da súa estrea orixinal.
Para a primeira selección en 1989, o público nomeou case 1000 películas para que fosen consideradas. A continuación, os membros da NFPB elaboraron papeletas individuais de posibles filmes para a súa inclusión. As papeletas foron tabuladas nunha lista de 25 filmes que logo foi modificada polo Bibliotecario do Congreso James H. Billington e o seu equipo na Biblioteca para a selección final. Desde 1997, os membros do público puideron nomear ata 50 películas ao ano para que a NFPB e o Bibliotecario as consideren.
O NFR inclúe filmes que van desde clásicos de Hollywood ata filmes orfos.What Happens to Films Selected for Preservation by the Library of Congress?|Mental Floss Non se require que un filmes sexa unha longametraxe, nin se esixe que se estrease en salas no sentido tradicional. O Rexistro contén noticiarios, filmes mudos, filmes de estudantes, experimentais, curtametraxes, vídeos musicais, filmes protexidos por dereitos de autor ou de dominio público, series de filmes, filmes caseiros, documentais, animación e filmes independentes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do National Film Registry National Film Registry homepage Classic Movie Hub: National Film Registry List
Categoría:Cinema