A diocese de San Clemente en Saratov (en ; en ) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese da Nai de Deus en Moscova. En 2004 tiña arredor de 35.000 bautizados sobre unha poboación total de 47 000 000 habitantes. Dende 2002, o seu bispo é Clemens Pickel.

Territorio A diocesde abrangue un amplo territorio na parte meridional da Rusia europea. Estende a súa xurisdición sobre os fieis católicos latinos das seguintes unidades administrativas de Rusia: As repúblicas de Adiguesia, Baxkortostán, República dos Chuvaxos, Daguestán, República dos Inguxos, Kabardino-Balkaria, República dos Calmucos, Karachay-Cherkessia, Mordovia, Osetia do Norte-Alania, Chechenia e Tatarstán. Os oblast de Belgorod, Orenburgo, Penza, Rostov, Samara, Saratov, Tambov, Ulyanovsk, Volgogrado, Voronezh e Astrakán. Os krais de Krasnodar e Stavropol.

A sé episcopal é a cidade de Saratov, onde está a catedral de San Clemente.

Historia O 23 de novembro de 1999 foi erixida a administración apostólica da Rusia europea meridional, en territorios até entón pertencentes á administración apostólica da Rusia europea.

O 11 de febreiro de 2002 foi elevada ao rango de diocese, e tomou o nome de San Clemente en Saratov; ao mesmo tempo ampliou a súa xurisdición coa incorporación de territorios pertencentes á suprimida diocese de Tiraspol.

Episcopoloxio Administradores apostólicos da Rusia europea meridional Clemens Pickel (23 de novembro de 1999 – 11 de febreiro de 2002) Bispos de San Clemente en Saratov Clemens Pickel (11 de febreiro de 2002 - actualidade)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Divisións territoriais católicas en Rusia Categoría:Dioceses da Igrexa católica latina