Fernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós, nado en Pontevedra, foi un aristócrata galego dos séculos XVII e séculos XVIII da Casa Mariño de Lobeira.
Traxectoria Morgado de Fernando Antonio Mariño de Lobeira, herdou deste os títulos de marqués da Serra e viceconde de Albeos.
Casou en Madrid en 1705 coa importante aristócrata canaria Isabel Nieto, condesa de Guaro e do Arco, coa que tivo cando menos a Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto, o fillo máis vello e herdeiro dos seus títulos.
Categoría:Casa Mariño de Lobeira
Categoría:Nobres de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido