A diocese de Pinsk é unha sé da Igrexa Católica sufragánea da arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ. En 2004 tiña 50.000 bautizados sobre unha poboación total de 3 100 000 habitantes. O seu bispo é, dende 2012, Antonij Dziamjanka.
Territorio A diocese abrangue as rexións de Brest e de Homieĺ. A diocese limita polo norte coa arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ e coa diocese de Hrodna, ao leste coa arquidiocese de Moscova, ao sueste coa diocese de Kíiv-Zhytomyr, e ao oeste coas sés de Lutsk, Siedlce, Drohiczyn e Białystok.
A sé episcopal é a cidade de Pinsk, onde está a Catedral da Asunción da Virxe María. O territorio está dividido en 5 vigairías e 60 parroquias.
Historia A diocese foi erixida o 28 de outubro de 1925 polo papa Pío XI coa bula Vixdum Poloniae unitas. Inicialmente foi sufragánea da arquidiocese de Vilnius. .
O 13 de abril de 1991, coa bula Quia ob rerum de Xoán Paulo II, sufriu algunhas variacións territoriais e pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ. .
O 5 de xuño de 1991 cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de Drohiczyn.
Episcopoloxio Zygmunt Łoziński (28 de outubro de 1925 - 26 de marzo de 1932, finado) Kazimir Bukraba (10 de xullo de 1932 - 6 de maio de 1946, finado) Władysław Jędruszuk (administrador apostólico, 1967 - 13 de abril de 1991 Kazimierz Świątek (administrador apostólico, 13 de abril de 1991 - 30 de xuño de 2011) Tadeusz Kondrusiewicz (administrador apostólico, 30 de xuño de 2011 - 3 de maio de 2012) Antonij Dziamjanka (3 de maio de 2012 - actualidade) Notas
Véxase tamén Outros artigos Igrexa Católica en Belarús
Ligazóns externas Perfil na páxina web oficial da Conferencia Episcopal Belarusa . Perfil en Catholic-Hierarchy.org . Perfil en GCatholic.org .
Categoría:Divisións territoriais católicas en Belarús Categoría:Dioceses da Igrexa católica latina