Un ordinariato para os fieis de rito oriental é un tipo de circunscrición eclesiástica da que dependen as comunidades de católicos orientais naqueles lugares onde non hai estabelecida ningunha circunscrición eclesiástica (diocese) da súa igrexa particular. Esta estrutura foi introducida polo papa Pío X, na carta apostólica Officium supremi Apostolatus do 15 de xullo de 1912.
No Annuario Pontificio os nove ordinariatos que existen hoxe lístanse xunto aos quince exarcados apostólicos. Destes nove, cinco son para todos os católicos orientais que carecen de xurisdición diocesana propia nun determinado país, outro é para católicos bizantinos, e os outros tres para católicos armenios.
Ordinariatos actuais Ordinariato Área xeográdica Xurisdición Ordinario Data de creación Ordinariato para os católicos orientais na Arxentina Arxentina Católicos orientais Arcebispo de Buenos Aires 19 de febreiro de 1959 Ordinariato para os católicos bizantinos en Austria Austria Católicos bizantinos Arcebispo de Viena 3 de outubro de 1945 Ordinariato para os católicos orientais no Brasil Brasil Católicos orientais Arcebispo de Río de Xaneiro 14 de novembro de 1951 Ordinariato para os católicos orientais en España España Católicos orientais Arcebispo de Madrid 9 de xuño de 2016 Ordinariato para os católicos armenios en Europa Oriental Europa Oriental Católicos armenios Bispo armenio dunha sé titular 13 de xullo de 1991 Ordinariato para os católicos orientais en Francia Francia Católicos orientais Arcebispo de París 16 de xuño de 1954 Ordinariato para os católicos armenios en Grecia Grecia Católicos armenios Administrador apostólico 21 de decembro de 1925 Ordinariato para os católicos orientais en Polonia Polonia Católicos orientais Arcebispo de Varsovia 16 de xaneiro de 1991 Ordinariato para os católicos armenios en Romanía Romanía Católicos armenios Administrador apostólico 5 de xuño de 1930
Antigos ordinariatos Ordinariato de Eritrea, hoxe arquieparquía de Asmara. Ordinariato dos Estados Unidos de América, hoxe arquieparquía ucraína de Filadelfia.
Notas
Categoría:Divisións territoriais católicas Categoría:Dereito canónico católico Categoría:Igrexa católica latina Categoría:Igrexas particulares