A lingua saami de Ter (Saa´mekiill) é unha lingua urálica falada polo pobo saami na península de Kola, en Rusia. É a lingua saami máis oriental de todas, pero hoxe en día está considerada unha lingua moribunda. No ano 2004 contaba con 10 falantes, e no 2010 o número descendeu a só dous.Informe do Ethnologue para o saami de TerSami Languages Disappearing Barents Observer O saami de Ter está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Documentación Non hai materiais nin recursos educativos en saami de Ter e non ten unha ortografía estandarizada. A lingua non está completamente documentada nin estudada. Hai documentos textuais, gravacións de son e dicionarios,Itkonen T. I.: "Koltan- ja kuolanlapin sanakirja", Helsinqui: Société Finno-Ougrienne, 1958.Itkonen T. I.: "Koltan- ja kuolanlappalaisia satuja", 1931.Société Finno-Ougrienne 60 pero non hai gramáticas.

O documento máis antigo que se conserva da lingua saami de Ter é un pequeno vocabulario elaborado polo explorador británico Stephen Borough en 1557 e publicado por Richard Hakluyt.Aikio Samuli: "Olbmot ovdal min - Sámiid historjá 1700-logu rádjái". Girjegiisá: Kárášjohka, 1992.

Notas

Categoría:Linguas saamis Categoría:Linguas de Rusia