A estación de Bobadilla é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Bobadilla, no municipio de Antequera, na provincia de Málaga, comunidade autónoma de Andalucía. É un importante nó ferroviario da rede no que conflúen tres trazados. Ten servizos de media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.

A súa estación homóloga para servizos de alta velocidade é a estación de Antequera-Santa Ana.

Situación ferroviaria Debido á súa situación xeográfica en pleno corazón de Andalucía a estación foi paso durante moito tempo paso obrigado das conexións cara á Costa do Sol, cara ao centro peninsular vía Córdoba e dos enlaces transversais entre o oeste e o leste de Andalucía. Máis concretamente Bobadilla forma parte das seguintes liñas férreas de ancho ibérico: Liña férrea 420 entre Bobadilla e Alxeciras. pk 0,0. Liña férrea 426 entre Fuente de Piedra e Granada, pk 3,3. Este trazado dispón dunha variante que evita o paso por Bobadilla. Liña férrea 430 entre Córdoba e Málaga, pk 123,1. Todos os trazados son de vía única sen electrificar a excepción do que une Córdoba con Málaga que si dispón de electrificación.

Servizos Longa distancia Nesta estación efectuaban parada, ata a súa supresión, os Alaris que unían Barcelona con Málaga e o tren Estrella Málaga-Bilbao, que nos seus últimos anos circulaba principalmente en época festiva. Actualmente esas relacións cóbrenas trens que circulan polas liñas de alta velocidade.

Media distancia O tráfico ferroviario de viaxeiros da estación fórmano os trens de media distancia. Bobadilla permite conexións directas con Sevilla, Málaga, Granada e Alxeciras. Ata o verán de 2013 tamén estaba enlazada con Córdoba vía Puente Genil, ata que a liña foi suprimida. A frecuencia dos trens é relativamente alta, especialmente entre Sevilla e Málaga. Servizos de Media Distancia Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe 67 MD Sevilla-Santa Justa Málaga-María Zambrano 70 MD Granada Alxeciras

Véxase tamén Outros artigos Estación de Antequera Estación de Antequera-Santa Ana

Ligazóns externas Información sobre a estación na páxina de Adif

Bobadilla Categoría:Antequera