Jabari Ali Parker, nado o 23 de febreiro de 1995 en Chicago, Illinois, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no FC Barcelona da Liga ACB.

Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, Parker foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Milwaukee Bucks. O 9 de xullo de 2014, Parker asinou o seu contrato cos Bucks e uniuse ó equipo para a Liga de Verán da NBA de 2014. O 29 de outubro de 2014, fixo o seu debut na NBA no primeiro partido da tempada para os Bucks, contra os Charlotte Hornets. Xogou 37 minutos comezando de titular, e fixo 8 puntos, 4 rebotes, 1 asistencia e 1 roubo de balón na derrota de Milwaukee por 106-108 na prórroga. Parker foi elixido coma o mellor rookie de outubro/novembro da Conferencia Leste. O 15 de decembro de 2014, Parker sufriu unha lesión no ligamento cruzado anterior que lle apartou das pistas durante gran parte da tempada.

O 14 de xullo de 2018, Parker asinou un contrato de dous anos e 40 millóns de dólares cos Chicago Bulls.

O 6 de febreiro de 2019, Parker foi traspasado xunto a Bobby Portis e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Washington Wizards a cambio de Otto Porter Jr..

O 11 de xullo de 2019, Parker asinou cos Atlanta Hawks.

O 6 de febreiro de 2020, Parker foi traspasado ós Sacramento Kings. O 25 de marzo de 2021, foi cortado polos Kings tras xogar tan só 27 minutos en 3 partidos.

O 16 de abril de 2021, Parker asinou cos Boston Celtics.

O 7 de agosto de 2023, Parker asinou un contrato dun ano co FC Barcelona da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana