miniatura|280px|Distribución porcentual segundo a orde do número de especies viventes e recentemente extintas, de acordo coa clasificación da publicación. Mammal Species of the World (MSW) (en galego, Especies de mamíferos do mundo) é unha publicación científica de referencia taxonómica no ámbito da zooloxía, hoxe considerada oficial por varias entidades científicas, como a estadounidense American Society of Mammalogists (Sociedade Americana de Mastozoólogos), e utilizada como base en diversas publicacións científicas.
Características Tres edicións foron xa publicadas (1982, 1993, 2005), mostrando a evolución da taxonomía das especies mundiais coñecidas de mamíferos, proporcionando tamén datos bibliográficos.MSW.
Editado por D. E. Wilson e D. M. Reeder, o repertorio publícase en Baltimore, Maryland, EUA pola Universidade Johns Hopkins.
Desde 2008 proporciona o seu contido actualizado nunha páxina web e preséntase como estándar para as especies de mamíferos do mundo.
Son 29 as ordes recoñecidos dentro da clasificación taxonómica por MSW:
Monotremata Didelphimorphia Paucituberculata Microbiotheria Notoryctemorphia Dasyuromorphia Peramelemorphia Diprotodontia Tubulidentata Sirenia Afrosoricida Macroscelidea Hyracoidea Proboscidea Cingulata Pilosa Scandentia Dermoptera Primates Rodentia Lagomorpha Erinaceomorpha Soricomorpha Chiroptera Pholidota Carnivora Perissodactyla Artiodactyla CetaceaComo vemos, non se admite a nova orde dos Cetartiodactyla, que moitos autores si recoñecen, e que foi creado en 1977 por Montgelard, Catzeflis e Douzery.Cetartiodactyla no WoRMS.
O World Register of Marine Species dálle aos Cetartiodactyla a categoría de orde, polo que habería que considerar os Cetacea e os Artiodactyla como subordes.
Pola súa parte, na Animal Diversity Web outorgan a este grupo ou clado a categoría de superorde, incluíndo as ordes dos cetáceos e os artiodáctilos.Cetartiodactyla na ADW.
Evolución do número de especies consideradas segundo as edicións
Ano Número de especies 1982 <center>4.170 1993 <center>4.629 2005 <center>5.416
Notas
Véxase tamén Bibliografía Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Ligazóns externas Base de datos de MSW (en inglés)
Categoría:Bases de datos biolóxicas Categoría:Mamíferos Categoría:Taxonomía