José Luis de Azcárraga Bustamante, nado en Vitoria en 1918 e finado en Bertamiráns (Ames) o 30 de xullo de 1985Necrolóxica en ABC, 1 de agosto de 1985 , foi un avogado, escritor e político español.

Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Valladolid e a Universidade de Santiago de Compostela, e fixo o doutoramento na Universidade de Madrid. Foi profesor de Dereito Internacional Público do Centro de Estudios Universitarios e da Academia San Raimundo de Peñafort e profesor de Dereito Internacional do Instituto Católico de Administración de Empresas de Madrid. Tenente coronel do Corpo Xurídico da Armada.

Foi nomeado secretario da Delegación Nacional de Asociacións (1958), Gobernador civil de Cáceres (1960), e en febreiro de 1961 pasou a dirixir o Goberno civil de Lugo, cesando no cargo en novembro de 1962, ao ser nomeado Presidente do Sindicato Nacional da Mariña MercanteEl Pueblo Gallego, 29-11-1962, p. 16.. Membro de honra do Consello Superior de Investigacións Científicas e xefe da Sección de Dereito Marítimo do Instituto Francisco de Vitoria. Colaborou en Finisterre e La Noche e foi guionista cinematográfico, autor do guión da película Botón de áncora.

Obras El Corso Marítimo, 1950. La plataforma submarina y el Derecho Internacional, 1952. Régimen jurídico de los espacios marítimos, 1953. La Carta de las Naciones Unidas y su posible reforma, 1955. Legislación internacional marítima, 1955. Jurisprudencia Internacional marítima, 1964-1966 (en colaboración con Francisco Fariña Guitián).

Vida persoal Casou con Elena Togores Paramés.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas José Luis de Azcárraga Bustamente na Auñamendi Eusko Entziklopedia

Categoría:Gobernadores civís de Cáceres Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Avogados de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Militares de España