Joshua Brookes, nado o 24 de novembro de 1761 e finado o 10 de xaneiro de 1833 en Londres, foi un anatomista e naturalista inglés.

Traxectoria Estudos Estudou en Londres con William Hunter, William Hewson, Andrew Marshall e John Sheldon, desde 1718 até 1783.

Máis tarde asistiu á prácticas de Antoine Portal e outros eminentes cirurxiáns do Hôtel-Dieu de Paris, o máis antigo hospital da cidade de París, Francia,Consta que foi fundado por San Landerico de París (falecido en 661). London Science Museum - Hotel Dieu .

Museo Brookesiano

Brookes foi profesor de anatomía en Londres e realizou numerosos traballos sobre esta disciplina, creando un importante museo dedicado a ela grazas á técnica que desenvolveu para a conservación das preparacións, o chamado Museo Brookesiano de anatomía comparada.

Este museo privado descríbese no seu catálogo de 1830 como «Museum Brookesianum, que abarca unha case interminábel colección de todas as preparacións anatómicas, patolóxicas, obstétricas e zootómicas, así como exemplares de Historia Natural».

Últimos anos Foi elixido membro da Royal Society en 1819, e así mesmo foi membro da Linnean Society of London.

Brookes deixou a ensinanza en 1826 debido ao seu mal estado de saúde. Despois de tratar sen éxito de desfacerse das súas coleccións completas do seu Museo, vendeuno de forma fragmentaria. (A venda final tivo lugar o 1 de marzo de 1830 e nos 22 días seguintes).

Morreu o 10 de xaneiro de 1833 en Great Portland Street, Londres.

Xéneros descritos por Brooks En 1817 describiu o xéneros dos licaóns (Lycaon) e, en1828 os do guepardo (Acinonyx) e do mamut (Mammuthus).

Epónimos

En 1864, co fin de honrar a Joshua Brookes, o naturalista John Edward Gray denominou como Brookesia a un xénero de camaleóns (os chamados camaleóns de cola curta ou camaleóns folla, endémicos de Madagascar).

Principais publicacións 1828: An address : delivered at the anniversary meeting of the Zoological Club of the Linnean Society, held at the Society's house, in Soho-Square, November 29, 1828.Ver exemplar dixitalizado en Internet Archive. 1828: The Brookesian Museum. The Museum of Joshua Brookes [...], Londres. 1831: Thoughts on the Best Means of Lessening the Destructive Progress of Cholera, Londres.

Abreviatura A abreviatura Brookes emprégase para indicar a Joshua Brookes como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dobson, J. (1952): "Eighteenth Century Anatomists: Joshua Brookes", Practitioner 169 (1010): 180-184. Ligazóns externas Joshua Brookes, British anatomist, 1822 en Science & Society. Picture Library

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Nados en 1761 Categoría:Finados en 1833 Categoría:Membros da Royal Society