Songs of Innocence é o décimo terceiro álbum da banda irlandesa de rock U2, publicado o 9 de setembro de 2014. Foi producido por Danger Mouse, con produción adicional de Paul Epworth, Ryan Tedder, Declan Gaffney e Flood. O disco foi anunciado nun evento de lanzamento de Apple Inc. e lanzado ese mesmo día de xeito gratuíto para todos os clientes de iTunes Store. Estivo de xeito exclusivo para iTunes, iTunes Radio e Beats Music ata o 13 de outubro, cando se editou en formato físico a través dos selos Island Records e Interscope Records. A edición dixital bateu un récord ao estar dispoñible a uns 500 millóns de clientes de iTunes, polo cal o CEO de Apple Tim Cook vendeuno como "a maior edición dun álbum de todos os tempos".
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de U2 Categoría:Álbums musicais de 2014 Categoría:Álbums producidos por Danger Mouse Categoría:Álbums producidos por Paul Epworth Categoría:Álbums producidos por Ryan Tedder Categoría:Álbums producidos por Flood Categoría:Álbums de Island Records Categoría:Álbums de Interscope Records