Ipatii Potii (en ; en ; en ), nado o 12 de agosto de 1541 en Różanka e finado o 8 de xullo de 1613 en Vlodymyr-Volynskyi, foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, escritor, polemista e teólogo, que tivo un importante papel na Unión de Brest e que foi metropolita de Kíiv e Galicia dende 1599 até a súa morte en 1613.
Traxectoria Primeiros anos Naceu o 12 de agosto de 1541 en Różanka, no voivodato de Lublin, no seo dunha familia nobre. A súa nai, logo de enviuvar arredor de 1550, casou co gobernador da rexión de Smolensk. O príncipe Mikołaj Radziwiłł encargouse da súa educación, e enviouno a unha escola calvinista e posteriormente á Universidade Iaguelónica de Cracovia. En 1566 comezou a traballar como xuíz en Brest, en 1572 pasou e ser secretario do rei Sexismundo II e posteriormente recadador de impostos, e en 1588 castelán de Brest. Foi tamén senador da Confederación Polaco-Lituana.
Aínda que na súa mocidade se convertera ao calvinismo, en 1573/1574 volveu á Igrexa Ortodoxa. No mesmo ano casou con Anna, dos duques de Hołowniów-Ostrożeckich, coa que tivo seis fillos.
Bispo de Volodymyr e Brest Logo da morte da súa dona en 1592, Potii decidiu ingresar na vida relixiosa e converteuse en monxe, tomando o nome relixioso de Ipatii. En 1593 foi nomeado bispo de Volodymyr e Brest, e foi consagrado bispo o 6 de xuño de 1593 polo metropolita de Kíiv Michal Rahoza.
Ipatii Potii tivo un papel especialmente importante na Unión de Brest, pola que a metrópole ortodoxa de Kíiv (a igrexa ucraína) deixou de estar baixo a xurisdición da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla para entrar en comuñón coa Igrexa Católica e situarse baixo xurisdición papal, formando o que hoxe é a Igrexa Católica Ucraína. Viaxou a Roma xunto co bispo de Lutsk Cyril Terlecki, para entregarlle ao papa Clemente VII a petición de unión asinada polos bispos da metrópole en Brest o 12 de xuño de 1595. Chegaron a Roma o 25 de novembro de 1595, e obtiveron a aprobación do papa á unión, podendo manter o rito bizantino e o resto de prácticas litúrxicas. Volveron a Lutsk en marzo de 1596.
Metropolita de Kíiv Logo da morte de Rahoza, Ipatii Potii foi nomeado metropolita de Kíiv en agosto de 1599 polo rei Sexismundo III, e confirmado polo papa Clemente VIII o 15 de novembro de 1600. Foi tamén nomeado arquimandrita do mosteiro das Covas de Kíiv, mais a oposición ortodoxa levouno a renunciar en 1605. En 1601 fundou un seminario, e o 3 de marzo de 1605 foi formalmente recoñecido como o único metropolita de rito bizantino da Confederación Polaco-Lituana.
O 11 de xullo de 1609 algúns ortodoxos atentaron contra a súa vida, mais sen éxito. Traballou tamén para reestruturar a Orde de San Basilio Magno. Finou o 18 de xullo de 1613 en Volodymyr-Volynskyi, e enterrado na catedral da mesma cidade.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Potii, Ipatii - Artigo en Internet Encyclopedia of Ukraine
Categoría:Nados en 1541 Categoría:Nados no condado de Włodawa Categoría:Finados en 1613 Categoría:Teólogos católicos Categoría:Escritores de Polonia Categoría:Escritores de Ucraína Categoría:Escritores de literatura relixiosa Categoría:Bispos ortodoxos de Ucraína Categoría:Bispos ortodoxos de Belarús Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Alumnos da Universidade Iaguelónica de Cracovia Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa de Constantinopla