A Sunny Day in Glasgow é unha banda de dream pop de Filadelfia e Brooklyn nos Estados Unidos e Sydney, Australia. Formado no ano 2006, o grupo tivo moitos cambios na súa composición dende entón, sendo Ben Daniels o único membro constante. Dende o ano 2010 a banda está composta por Ben Daniels, Josh Meakim, Annie Fredrickson, Ryan Newmyer, Adam Herndon, e Jen Goma.
Historia A Sunny Day in Glasgow comezou como unha colaboración entre os amigos Ben Daniels e Ever Nalens, que regresaran a Filadelfia pouco antes tras varios anos no Reino Unido. O nome da banda púxollo Nalens, que estivera vivindo en Glasgow, e Daniels mantívoo cando Nalens deixou o proxecto. Daniels tamén preguntoulle ás súas irmás xemelgas, Robin e Lauren, para que cantasen as cancións nas que estaba traballando.
En marzo de 2006 a banda xuntou varios temas e publicounos nun EP titulado The Sunniest Day Ever. O EP tivo algunha repercusión nas radios universitarias, chegando ao número 1 da emisora da Universidade de Nova York, a WNYU, e recibindo recensións favorables de páxinas como Pitchfork Media.
En 2006 a banda fichou por Notenuf Records e a través deste selo lanzou o seu álbum de estrea, Scribble Mural Comic Journal, en febreiro de 2007. O disco foi moi ben acollido, dándolle Pitchfork Media un "8.0" e unha valoración de "recomendado", mentres que Drowned in Sound deulle un "9/10" e chamouno "contendente ao álbum do ano". O grupo recompilou descartes de anteriores sesións de gravación e lanzounas como o Tout New Age EP no verán de 2007.
En 2009 o grupo lanzou o seu segundo álbum de estudio, Ashes Grammar. Durante o proceso de gravación, a banda pasou por varios cambios na formación. O primeiro deses cambios chegou cando o baixista Brice Hickey caeu ao cargar equipamento no seu coche, rompendo varios ósos das pernas. Isto fixo que Ben Daniels gravase as partes de baixo para o disco, pero tamén significou que a vocalista Robin Daniels tivese que marchar para coidar do encamado Hickey, que é o seu mozo. Lauren Daniels tamén tivo que deixar o grupo debido a que realizaba estudos de potgrao en Colorado, forzando a Ben Daniels e ao guitarrista/batería Josh Meakim a recrutar á cantante Annie Fredrickson, que tamén era unha cjhelista e pianista con formación clásica. Tras a gravación do álbum, Ryan Newmyer uniuse como baixista e o amigo de Meakim Adam Herndon como batería.
O 24 de xuño de 2014 A Sunny Day in Glasgow publicou o seu cuarto álbum de estudio, Sea When Absent.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Scribble Mural Comic Journal 2007 Notenuf Ashes Grammar 2009 Mis Ojos Discos Autumn, Again 2010 auto-editado Sea When Absent 2014 Lefse Records Planning Weed Like It's Acid / Life Is Loss 2015 auto-editado
EPs The Sunniest Day Ever EP - 2006 Tout New Age EP - 2007 Nitetime Rainbows EP - 2010 Sketch for Winter - 2014 No Death - 2015
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Filadelfia, Pensilvania Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de ambient Categoría:Grupos musicais formados en 2006