Eladio Oviedo Arce, nado en Noia o 20 de marzo de 1864 e finado na mesma vila o 19 de xaneiro de 1918, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria Fixo a carreira sacerdotal, doutorouse en Teoloxía e licenciouse en Filosofía e Letras. Foi socio fundador da Real Academia Galega, profesor de Historia Eclesiástica e de Arqueoloxía Sagrada no seminario de Santiago de Compostela e ingresou no corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos do Estado e foi xefe do Arquivo Rexional de Galicia. Foi un dos partícipes da Exposición Rexional de 1909.
Como historiador foi discípulo de Antonio López Ferreiro, ao que substituíu dende 1889 nas súas clases no seminario. Escribiu monografías sobre a época medieval en Galicia, editou fragmentos en galego das Partidas de Afonso X o Sabio e colaborou na revista Galicia Histórica. Consideraba que a historia debía de achegar e lexitimar unha ideoloxía de corte tradicional e católica. Colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega e El Eco Popular. miniatura|300px|
Obras Precedentes y estado actual de los estudios de arqueología sagrada, y papel que esta ciencia puede desempeñar como elemento de civilización católica, 1891. "Consideraciones sobre el carácter religioso de los antiguos gremios", 1898, 36 pp.Consideraciones..., ficha en Galiciana. El autor de "Salve Regina", 1903. El genuino "Martín Codax", juglar gallego del siglo XIII: según un apógrafo trecentista de su "cancionero", 1917, 110 pp. (coa colaboración musical de Santiago Tafall).El genuino... ficha en Galiciana.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Boletín de la Real Academia Gallega Ligazóns externas Almanaque das Irmandades
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Finados por cancro