miniatura|Un negro afroamericano nunha fonte segregada en Carolina do Norte no 1938. A discriminación (do latín discriminare, que alude a seleccionar algo ou a alguén excluíndo aos demais) consiste en dar trato de inferioridade a unha persoa por causas inxustificadas. Por outra banda, a discriminación positiva é un neoloxismo que se refire á protección de carácter extraordinario ou aos privilexios que se dan a un grupo discriminado historicamente (especialmente por razón de raza, sexo, lingua e relixión) para lograr a súa plena integración na sociedade.
Concepto de discriminación Segundo a RAG, discriminar é "dar trato discriminatorio a [unha persoa, un grupo humano] por razóns de sexo, raza, relixión etc." A discriminación é un termo comparativo no que se dá, ou se intenta dar, un trato diferente a uns individuos con respecto ó que se lle dá a outros. En todo tipo de discriminación subxace un desigualdade en canto ó que se refire á consideración moral, ou consideración de intereses dos individuos. Esta desigualdade sempre se dá de xeito arbitrario e inxustificado. Esta idea da igualdade como igualdade de consideración, aplicada ós distintos tipos de discriminación, pode verse en autores como Peter Singer.A esencia do principio de igual consideración de intereses é que nas nosas deliberacións morais damos a mesma importancia aos intereses parecidos de todos aqueles a quen afectan as nosas accións.Dar un trato privilexiado ós intereses duns por riba doutros é incorrer na desigualdade de consideración e, polo tanto, nun tipo de discriminación inxustificada. Singer trata os distintos tipos de discriminación (racismo, discriminación de xénero etc.) até chegar ó axioma central de toda desigualdade e discriminación, que é a inxustificación e arbitrariedade. Non hai criterios morais consistentes para dar un trato diferenciado a outros individuos, toda discriminación carece de argumentos que a fagan xustificable.
Así definirase a discriminación como a consideración, trato, ou intención de trato desfavorable dun individuo ou ente con respecto a outros por motivos inxustificados e/ou arbitrarios.
Cando se fala da protección de carácter extraordinario ou aos privilexios que se dan a un grupo discriminado historicamente (especialmente por razón de raza, sexo, lingua e relixión) para lograr a súa plena integración na sociedade, estase falando da denominada discriminación positiva ou acción positiva. A discriminación positiva trata de paliar os efectos dunha discriminación histórica. Exemplos de discriminación positiva poden ser as leis de cotas que se tentan implantar nos postos de poder (parlamentos, postos en empresas etc.) para que haxa unha equidade de número de postos entre mulleres e homes, para suplir a falta de presenza histórica de mulleres nestes ámbitos debido a unha discriminación sexista prolongada no tempo.
Tipos de discriminación
Dependendo de se o/a axente pertence a un certo grupo Discriminación directa. A discriminación cara aqueles que non pertencen a un certo grupo polo feito mesmo de non pertencer a ese grupo ou por non ter certo atributo que se considera moralmente relevante e que se asimila con ese grupo. Discriminación indirecta. Aquela que se dá a aqueles individuos que non pertencen a certo grupo por motivos distintos ós da discriminación directa. Hai moitos exemplos de discriminación indirecta, como o daquela xente que non se considera racista pero actúa de xeito racista por non ser rexeitado por un grupo ó que el pertence e si é racista. Ou por exemplo o feito de considerar uns produtos médicos como prioritarios e por ende ser subsidiados e outros non, como poden ser os produtos contra as dores menstruais, isto é unha discriminación de xénero indirecta.
Dependendo da actitude cara ao axente discriminado Discriminación cognitiva: a que padece quen non pertence a un certo grupo en base á crenza de que un certo criterio moralmente relevante non é satisfeito por quen non pertence a ese grupo. Un exemplo sería impedir a educación a unha persoa con síndrome de Down polo feito de que cremos que non ten unha aprendizaxe tan versátil coma a de quen non ten tal síndrome. A discriminación cognitiva pode darse en casos de discriminación directa e indirecta. Discriminación non cognitiva: aquela que padece quen non pertence a un certo grupo debido a unha mera actitude non cognitiva contraria a quen non pertence a ese grupo. Un exemplo sería a discriminación cara quen lle desexamos mal. A discriminación non cognitiva sempre é directa.
Dependendo de se o/a axente pertence ó grupo discriminado Discriminación xerárquica: a discriminación que padece quen non pertence a un certo grupo, cuxos intereses se consideran máis importantes ou relevantes. Discriminación reflexiva: a que padecen as persoas que pertencen a un grupo concreto no que se atopa quen discrimina. Por exemplo, aquelas mulleres que responden con discursos misóxinos.
Dependendo da posición do/a axente respecto á discriminación Discriminación de segunda orde: a que padece aquel membro dun grupo discriminado por opoñerse a un tipo de discriminación. Por exemplo, un varón que se opoña á discriminación cara ás mulleres e que, por ese motivo, sexa discriminado á súa vez por outros varóns. Discriminación de primeira orde: a que padece un individuo ou entidade por razóns distintas á crenza ou feito de que ese individuo se opoña a unha discriminación de primeira orde. A discriminación sexista, a discriminación especista, a racista etc son discriminacións de primeira orde.
A discriminación epistémica Na discriminación epistémica a opinión dunha persoa é considerada menos fiable epistémicamente que a doutras polos mesmos motivos polos que ten lugar algunha outra forma de discriminación. Por exemplo, alguén pode ter en maior consideración as opinións dunha persoa maior que as dunha nova ou incluso as dun varón que as dunha muller.
A incorrección da discriminación Malia que moita xente tenta xustificar que algunhas formas de parcialidade son correctas, existen persoas que defenden que a discriminación é inxustificable e mala de por si. A discriminación é incorrecta en función do estado mental consistente en discriminar. Aqueles que defenden esta posición, afirman que a incorrección da discriminación radica na clase de disposición psicolóxica de quen provoca a discriminación. Aínda que non fose danado ninguén, quen defende esta postura considera a discriminación como un erro da moral do axente. A discriminación é incorrecta en virtude de certas facetas obxectivas. Segundo esta posición, sufrir unha discriminación causa un feito incorrecto. Como exemplo, podemos ver que, dende esta postura, actos como pensar nalguén mal porque non cumpre un criterio C constitúe un feito incorrecto en si. A discriminación é incorrecta se causa un dano. Segundo esta posición, unha discriminación unicamente é incorrecta se provoca un desvalor. Por exemplo, se pensamos en que unha persoa polo feito de non cumprir un criterio C, este unicamente produce un desvalor se o axente provoca unha privación dun beneficio (dano extrínseco) ou un sufrimento (dano intrínseco). O feito de pensar non provoca o dano de por si.
Exemplos de discriminacións
Discriminación racial miniatura|Escultura de Rosa Parks sentada nun dos autobuses públicos onde as leis de segregación racial podían obrigar a un afroamericano a ter que ceder o seu asento a calquera home branco. Museo Nacional de Dereitos Civís, Memphis.
A discriminación racial ou étnica ten lugar cando unha persoa ou grupo de persoas é tratada con inferioridade por pertencer a unha determinada raza ou etnia.
Ó longo da historia existen moitas referencias á unha desvalorización doutras culturas. Un dos grandes exemplos racistas cara ás persoas de cor escura era o apartheid en Suráfrica, un réxime segundo o cal os brancos tiñan o poder e os pobos restantes eran obrigados a vivir separadamente, de acordo con regras que lles impedían ser verdadeiros cidadáns. Tamén en países comos os Estados Unidos, no cal estivo aplicada unha segregación racial, ata o punto de haber o dobre de aseos en institucións públicas coma o Pentágono, e que desembocaron en confrontacións xurídicas e políticas como a producida por Rosa Parks, activista estadounidense que no ano 1955 sentou nun asento do autobús destinado a persoas de cor branca. Malia cada vez unha maior parte da sociedade busca eliminar tales xuízos irracionais, si que permanece a presenza en España de racismo cara persoas con trazos diferentes.
Outro dos exemplos máis típicos de racismo é contra as poboacións xudías e xitanas, quen aínda hoxe seguen baixo unha posición pexorativas por razóns ideolóxicas. As súas consecuencias máis notables prodúcense durante o período do nazismo en Alemaña, que desembocou no holocausto.
Discriminación sexual A discriminación sexual ou sexismo é un tipo de discriminación que se deu ao longo da historia, especialmente coas mulleres, o que provocaba que quedaran relegadas ao ámbito doméstico. Un dos exemplos máis recorrentes de discriminación foi a negación do sufraxio feminino ata finais do século XIX e se estende ata os nosos días, como é no caso de Arabia Saudita e a Cidade do Vaticano.
Podemos distinguir polo menos tres tipos de sexismo: Discriminación polo xénero: a forma máis visible de sexismo é contra as mulleres. Esta varía dende unha discriminación directa, como a dada por grupos patriarcais e misóxinos, ou indirecta, como en casos de "chistes" con carácter sexista, e que prolongan a perpetuación de estereotipos de xénero. Os datos sobre a violencia machista afirman que, dos 186 millóns de mulleres adultas que viven en Europa, unha de cada tres experimentou violencia física ou sexual na madurez (62 millóns de mulleres). Segundo esta estatística, unha de cada 20 mulleres foi violada (uns 10 millóns en total). Tamén, en España, en 2016, o home gañou de media 1,25 veces o que gañou a muller. Á discriminación salarial que sofren as mulleres respecto dun home polo mesmo traballo súmase o feito de que as mulleres están infrarrepresentadas nos postos de traballo de maior responsabilidade e salario, ocupando, por exemplo, tan só un 22% dos postos directivos das empresas do IBEX 35. Ademais, están sobrerrepresentadas nos sectores e postos de traballo con salarios máis baixos e maiores niveis de precariedade laboral como, por exemplo, na hostalería ou os traballos domésticos. Discriminación pola identidade de xénero: miniatura|dereita|Expresión de homofobia cunha cartel que di "Deus odia ós maricas".outro tipo de discriminación é a experimentada por persoas de sexualidade e identidade de xénero non normativas. Persoas transxénero son actualmente atacadas por non axustarse ao que di a normatividade, en especial as mulleres trans, que sofren unha das taxas de violencia máis altas. En España existe unha política débil cara ás persoas transexuais, o que supón moitas dificultades para aquelas persoas que son trans. Incluso tamén dentro do colectivo LGTBIQ existen diverxencias sobre se incluír a aquelas persoas que se contemplen fóra do modelo tetrárquico (cis home e muller; trans home e muller), aqueles que son asexuais, ou os intersexuais, ou demisexuais...