The Monkees é unha banda estadounidense de pop rock. Formárona nos Ánxeles no ano 1966 Robert "Bob" Rafelson e Bert Schneider para a serie de televisión The Monkees, emitida de 1966 ata 1968, o cuarteto musical que actuaba na serie estaba composto por Micky Dolenz, Michael Nesmith, Peter Tork e Davy Jones. A música do grupo estivo inicialmente supervisada polo produtor Don Kirshner.
No tempo da formación da banda, os seus produtores viron a The Monkees como un grupo ao estilo dos Beatles. Nos seus comezos os seus membros prestaban as súas voces, e dábaselle algunha oportunidade nas actuacións e nas producións, pero finalmente loitaron e conseguiron os dereito de supervisar colectivamente toda a produción musical elaborada baixo o nome da banda. O grupo realizou varias xiras, actuando como unha banda ao vivo ademais de aparecer na serie de televisión. Aínda que esta foi cancelada en 1968, a banda continuou publicando discos ata 1970. The Monkees chegou ao seu punto máis alto de popularidade dende 1966 ata 1968, influenciando a moitos futuros artistas. En 1986, o programa e a súa música experimentou un rexurdimento, que levou a unha serie de xiras de reunión e a novos discos con distintas encarnacións da formación da anda. O grupo chegaría a vender ao redor dos 50 millóns de discos en todo o mundo.
The Monkees tivo moitos éxitos internacionais que aínda se poden escoitar en emisoras de clásicos e pop. Entre eles están "I'm a Believer", "(I'm Not Your) Steppin' Stone", "Daydream Believer", "Last Train to Clarksville" e "Pleasant Valley Sunday".
Discografía The Monkees - 1966 More of The Monkees - 1967 Headquarters - 1967 Pisces, Aquarius, Capricorn & Jones Ltd. - 1967 The Birds, The Bees & the Monkees - 1968 Head - 1968 Instant Replay - 1969 The Monkees Present - 1969 Changes - 1970 Pool It! - 1987 Justus - 1996 Good Times! - 2016
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles