Isaac Rielo Carballo, nado en Arcos de Frades (Pol) o 1 de novembro de 1930 e finado o 11 de agosto de 2018, foi un crego, etnógrafo e escritor galego.
Traxectoria Estudou Filosofía e Teoloxía no Seminario de Lugo, ordenándose sacerdote en 1955. Tras uns anos de ministerio parroquial como ecónomo das freguesías de Cirio e Fraialde, no arciprestado de Luaces, ingresou por oposición no Corpo Eclesiástico do Exército, no que acadou o grao de coronel capelán. Posteriormente, licenciouse en Dereito Canónico na Universidade Pontificia Comillas de Madrid, e en Teoloxía na Facultade de Teoloxía de Cataluña, en Barcelona. É tamén diplomado en Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria.
Ten colaborado con artigos en diversas publicacións, como Encrucillada.
Isaac Rielo Carballo é irmán de Nicanor Rielo Carballo e tío de Pedro Rielo e cuñado de Paz Lamela Vilariño.
Obra Ensaio O cancioneiro da Terra Chá, 1980, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro. O escudo do concello de Pol, 1985, Celta, Lugo. Cancións galegas, 1989, Deputación de Lugo. Heráldica de Pantón, 1998. Pantón, historia e fidalguía, 2000, Editorial Compostela. A Casa Grande de Quintela, Farnadeiros, O Corgo, Lugo, 2005, Litonor.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Galegos
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pol Categoría:Nados en 1930
Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes