A chantaxe lanceolada ou lingua de ovellaNomes galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 e Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004 (Plantago lanceolata L.) é unha especie de planta herbácea perenne natural de toda Europa, América do Norte, América Latina e Asia occidental onde medra en terreos secos, noiros, beirados de camiños e lugares non cultivados. Tamén recibe os nomes de correola ou simplemente chantaxe.

thumb|Vista da planta. thumb|Lingua de ovella (Chile). thumb|Ilustración. Descrición É unha planta herbácea vivaz sen talos ramificados e con talos florais que acadan 30–50 cm de altura, ten un rizoma curto central do que agroman moitas raiciñas de cor amarela. As follas lanceoladas ou ovadas, longas, algo dentadas e radicais están dispostas nunha roseta basal no baseamento do talo, teñen de 3-7 nervacións lonxitudinais que se estreitan e continúan no pecíolo. A inflorescencia terminal é unha espiga densa con flores moi pequenas de cor branca ou purpúrea. A espiga é curta durante a floración e despois vaise alongando. O froito é un pixidio con 4-16 sementes.

Propiedades Utilízase a planta en decocción, xarope ou extracto fluído para tratar as catarreiras, a bronquite e a asma. En gargarismo alivia as anxinas. En colirio está indicado para conxuntivite e a inflamación das pálpebras. Utilízase para a otite (doenza dos ouvidos), xa que a chantaxe posúe propiedades antiinflamatorias, nas queimaduras, picadura de insectos, polo xeral aplícanse as follas verdes esmagadas sobre as feridas, no caso do ouvido esmágase a folla e se botan unhas pinguiñas do zume no ouvido afectado. En ungüento con oliva e cera (receita que se coñece desde a época dos exipcios), é rexenerador da pel, cicatrizante e tamén vale contra a infección en feridas como cortes, chagas, queimaduras, golpes, golpes sanguentos, mordeduras de insectos, engurras, mans ásperas, alerxias de cemento etc. Principios activos P. lanceolata contén feniletanoides como acteosida (verbascósido), cistanoside F, lavandulifolioside, plantamajoside e isoacteoside.Phenylethanoids in the Herb of Plantago lanceolata and Inhibitory Effect on Arachidonic Acid-Induced Mouse Ear Edema. Michiko Murai (nee Sasahara), Yasuhiko Tamayama and Sansei Nishibe, Planta Med., 1995;, volume 61, issue 5, pages 479-480, Tamén contén os glicósidos iridoides aucubin e catalpol.Genetic variation in defensive chemistry in Plantago lanceolata (Plantaginaceae) and its effect on the specialist herbivore Junonia coenia (Nymphalidae). Lynn S. Adler, Johanna Schmitt and M. Deane Bowers, Oecologia, January 1995, Volume 101, Issue 1, pages 75-85,

Taxonomía Plantago media foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 113-114. 1753. Etimoloxía Plantago: nome xenérico que deriva de plantago = moi principalmente, nome de varias especies do xénero Plantago L. (Plantaginaceae) –relacionado coa palabra latina planta, -ae f. = "planta do pé"; disque pola forma das follas–. Así, Ambrosini (1666) conta: “É chamada de Plantago polos autores latinos, vocábulo que toman da planta do pé (por mor da largura das súas follas, que lembran a planta do pé; e así mesmo porque as follas teñen liñas como feitas con arado, semellantes ás que vemos na planta do pé)”.En Flora Vascular

lanceolata: epíteto latíno que significa "lanceolada", en referencias ás súas follas. Citoloxía Números cromosomáticos de Plantago lanceolata (Fam. Plantaginaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=12.Studies on the flora of the Balearic Islands, I. Dahlgren, R., Th. Karlsson & P. Lassen (1971) Bot. Not. 124: 249-269 Sinonimia Plantago decumbens Bernh. ex Rchb. Plantago dubia L. Plantago eriophora Hoffmanns. & Link Plantago glabriflora Sakalo Plantago glareosa A.Kern. Plantago hungarica Waldst. & Kit. Plantago sphaerostachya Hegetschw. Plantago lanceolata subsp. sphaerostachya Hayek 1912 Plantago capitata Ten. Arnoglossum lanceolatum (L.) Gray Lagopus lanceolatus (L.) Fourr. Lagopus timbali Fourr. Plantago sinuata Lam. en The Plant List

Nome común Tarrela, lirio, lingua de ovella, língoa de ovella, lenzoá, lengua de pita, lengua de ovella, lengua de ouvella, herba mala, herba de cinco costas, curriolas, corroá, corriolas, corriola, correolo, correolas, correola, correa e cárcamo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Características das plantaxináceas

Categoría:Plantago Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné