Isaac Torres Campos foi un industrial, banqueiro e xornalista galego.

Traxectoria Fillo do banqueiro de Cuntis Manuel Torres Rey. Foi redactor xefe de El Eco de Cuntis en 1932 e colaborou en La Voz de Galicia;La Voz de Galicia, 17-11-1932, p. 6. tamén publicou algún poema nas revistas madrileñas Mundo Gráfico e Gutiérrez. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe local de FET y de las JONS, cesando no cargo en marzo de 1937 por incorporarse ao exército.El Pueblo Gallego, 24-3-1937, p. 2. Foi un dos propietarios do Cine Victoria de Cuntis e propietario da Granja Avícola Torres; en 1950 foi nomeado director da oficina do Banco de La Coruña en Cuntis. En 1958 foi elixido presidente do Liceo Casino de Caldas de Reis.El Pueblo Gallego, 9-1-1958, p. 9.

Notas

Categoría:Falanxistas Categoría:Empresarios de Galicia

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes