dereita|miniatura|260px|Vista satélite das illas. O arquipélago de Chiloé, noutrora coñecido coma Nova Galicia (Nueva Galicia en castelán) áchase ao sur de Chile, entre os paralelos 41º e 43º de latitude sur. Comprende principalmente unha grande illa, a illa Grande de Chiloé, e un gran número de illas e illotes menores. O arquipélago ten unha superficie de 9181 km² e contaba cunha poboación total de 167 659 persoas no ano 2012.. As illas foron “descubertas” e conquistadas no século XVI polo explorador vasco Martín Ruiz de Gamboa, ao servizo da Coroa española.
Administrativamente pertence á provincia de Chiloé (agás as illas Desertores, que pertencen a Palena), na Rexión de Los Lagos. No arquipélago hai 10 comunas: Ancud, Castro, Chonchi, Curaco de Vélez, Dalcahue, Puqueldón, Queilén, Quellón, Quemchi e Quinchao.
Etimoloxía Chiloé é unha transformación de Chilhué, a adaptación ao castelán de chillwe, palabra que en mapudungun significa 'lugar de chelles'. Os chelles (Chroicocephalus maculipennis), tamén chamados de cáhuiles ou gaviotines, son aves brancas coa testa negra, moi frecuentes nas praias e lagoas do arquipélago.
O nome que se lle dá aos habitantes de Chiloé é chilotes, aínda que tamén se usou o de chiloense e chilhueño por considerar que o primeiro podería ter connotacións despectivas.
Os primeiros exploradores e conquistadores que chegaron ás illas en 1567, denominárona «Nueva Galicia», pola semellanza paisaxística da Galiza do Vello Mundo e por ser o xefe da expedición o vasco Martiño Ruíz de Gamboa, familiar do galego Rodrigo de Quiroga, gobernador de Chile. Outros topónimos, como Castro son seguramente de orixe galega.
Xeografía
Relevo e clima miniatura|250px|left|Palafitos en Castro, Chiloé. miniatura|250px|left|Paisaxe na ribeira da canle de Chacao, preto da zona de acceso á Illa Grande de Chiloé, nel óllase un cantil morto semiestabilizado por Gunnera tinctoria, cunha pendente de 40 a 45 graos constituído por arenitas holocénicas non consolidadas. Xeomorfoloxicamente, o arquipélago corresponde aos contrafortes do cordal da Costa chileno, do que só os cumes emerxen do océano Pacífico tralo afundimento do val central.
A illa Grande de Chiloé ten forma rectangular, con prolongacións na península de Lacuy, a península de Rilán e con entradas na badía de Cucao a a canle Dalcahue. A costa occidental é escarpada e sen portos naturais. O cordal da Costa recibe os nomes de cordilleira do Piuchén ou de San Pedro, no sector norte, e de Pirulil, no sector sur. Preséntase coma unha sucesión de outeiros altos e cubertos de vexetación que na súa parte norte bordean os 800 m de altura e que non acadan máis de 500 m ao sur do lago Cucao. Entre estes outeiros altos e o mar interior hai chairas e outeiros máis baixos, dedicados á agricultura e á explotación forestal. Por mor da erosión dos glaciares, a costa oriental da illa Grande é moi sinuosa, chea de enseadas e promontorios, ao igual que a beiramar das illas menores.
As illas menores son de relevo ondulado e na súa maior parte están distribuídas en grupos de tres ou catro, mais algunhas están tan achegadas ás outras que fican unidas ao baixar a marea. As illas de maior superficie, despois da illa Grande, son Quinchao, Lemuy, Butachauques e Tranqui. Os grupos máis importantes son as illas Chauques, o grupo Chaulinec, o grupo Cahuach, o grupo Cailín e as illas Desertores.
O clima do arquipélago é semellante ao de Galiza, temperado marítimo chuvioso, con temperaturas medias duns 11 °C e precipitacións inferiores a 2000 mm anuais na súa parte oriental e uns 3000 mm na costa occidental da illa Grande e máis de 4000 mm en sectores altos do cordal do Piuchén. As nevaradas son pouco frecuentes, mais chove todo o ano.
Canles miniatura|left|200px|A canle Lemuy visto desde Quinched. De acordo ao tráfico marítimo de navegación interior tense a importante canal de Chacao, que separa a provincia de Llanquihue da costa norte da illa Grande de Chiloé. Hai bastantes canles secundarias que comunican as distintas illas, portos e vilas do arquipélago, sendo as máis importantes: Caucahué, Quicaví, Chauques, Dalcahue, Quinchao, Apiao, Lemuy, Yal, Queilen, Chaiguao, Yelcho, Laitec, San Pedro e Huamblad.
Estas canles obedecen á paulatina diminución da profundidade do chan sedimentario lonxitudinal ou depresión intermedia, que se interna baixo as augas no seno de Reloncaví, tamén a acción glaciar do cuaternario que xerou zonas de abrasión ou desgaste e áreas de deposición de sedimentos glaciares (morenas), o que configurou esta rede de canles e illas. A xeomorfoloxía das canles tamén sería explicada pola meteorización provocada por axentes climáticos coma o vento, choiva e correntes mariñas, cuxas maiores evidencias son as escarpas ou cantís en certos sectores como a canle de Chacao, que evolucionaron por forzas mariñas e atmosféricas.
Hidrografía A illa de Chiloé posúe 56 foxas hidrográficas, alimentadas polas choivas que caen na Cordilleira da Costa. Nas demais illas, os cursos de auga son escasos e na súa maioría proceden de napas subterráneas, aínda que tamén hai algúns que son desaugadoiros de lagos e lagoas. Os ríos máis longos e caudalosos son o Medina e mailo Chepu, ambos os dous fan a foz no océano Pacífico. Outros ríos importantes son o Pudeto e mailo Butalcura.
O lago meirande é o Huillinco-Cucao, «que é a unión de dous lagos pequenos orixinados polo avance de glaciares», mais existen ademais arredor doutros 200 corpos lacustres.
Flora, fauna e agricultura miniatura|200px|left|Foresta de mirtos (arrayanes) (Luma apiculata). A formación vexetal orixinal das illas era a selva valdiviana, unha fraga sempre verde con gran diversidade de especies vexetais, tanto grandes árbores como fentos e mofos. Entre as especies representativas desta foresta atópase o mirto ou arrayán (Luma apiculata), o carballo (Nothofagus dombeyi), a quila (Chusquea quila), o pangue (Gunnera spp.) e a abeleira (Gevuina avellana). Nos solos con mala drenaxe do Cordal da Costa medran o lárice (Fitzroya cupressoides) e mailo tepú (Tepualia stipularis).Nótese que os nomes comúns foron dados polos europeos con homónimos de especies diferentes que existían no Vello Mundo, pero que son completamente diferentes, é o caso do carballo, o lárice ou a abeleira, que nada teñen que ver coas especies europeas (distinta familia e xénero).
Coa chegada de pobos agricultores comezaron as cernadas, as queimas para despexar terreo para a agricultura e posteriormente para a gandaría, deste xeito moitas forestas convertéronse en leiras e pradeiras. Porén moitos destes terreos foron desleixados, e cubríronse con toxeiras do tan común arbusto galego, o toxo arnal (chamado na zona de espinillo) (Ulex europaeus), introducido polos europeos para facer sebes, mais que se converteu en especie invasora.
O cultivo da pataca practícase dende antes do século XVI e científicos coma Charles Darwin e Nikolái Vavílov crían que esta planta se orixinara en Chiloé, mais no ano 2005 David Spooner demostrou, por medio de análises xenéticas, que todos os pataqueiros cultivados teñen un devanceiro orixinario do sur do Perú. Existen unhas 400 variedades de patacas nativas que se cultivan en Chiloé, e grazas a algunhas delas se obtiveron máis do 90% das variedades que se consomen hoxe en todo o mundo. miniatura|200px|left|Bestas chilotes ou mampatos. A fauna nativa inclúe gran cantidade de especies de aves, das que unhas poucas especies son endémicas. Dos mamíferos terrestres, os máis grandes son o golpe ou raposa chilote ou de Darwin (Pseudalopex fulvipes), que só mora na illa Grande e no cordal de Nahuelbuta (no continente), e un pequeno veado chamado de pudú (Pudu pudu), un dos cervos máis pequenos do mundo. Por outra banda, as augas están habitadas por diversas especies de lobos mariños e os golfiños de Commerson (chamados aquí toninas) (Cephalorhynchus commersonii), e reciben as visitas esporádicas de varias especies de baleas. Particularmente importante é a área de alimentación para as baleas azuis (Balaenoptera musculus) que se estende dende o norte da Rexión de Los Lagos, pola costa oeste da illa Grande de Chiloé deica o golfo Corcovado.
No arquipélago desenvolveuse unha raza propia de besta, o cabalo chilote ou mampato, un animal de menos de 1,25 metros de altura á cruz, e unha raza ovina, a ovella chilota. Ambas as dúas descenden de gando introducido nas illas polos galegos e españois no século XVI.
Endemismos Por mor do prolongado illamento que as profundas canles mariñas lle conferiron a este arquipélago, un importante caudal da súa diversidade biolóxica acadou o nivel de endemismo insular reprodutivo, é dicir, defiren xeneticamente dos seus parentes continentais. Por exemplo, no tocante das aves, atópase o concón chilote (Strix rufipes sanborni), a diuca chilota (Diuca diuca chiloensis), o rayadito chilote (Aphrastura spinicauda fulva), e o diucón chilote (Xolmis pyrope fortis). Entre os seus mamíferos endémicos salienta a donicela trompuda chilota (Rhyncholestes raphanurus raphanurus).
Poboación
Demografía miniatura|200px|Transbordador proveniente de Chiloé arribando ao continente. miniatura|200px|As Igrexas de Chiloé, son un dos principais atractivos do arquipélago. Evolución da poboación de Chiloé a través da súa historia: 1550: 30.000 (est.)Horacio Zapater Equioiz. "Huincas y mapuches (1550-1662)" . Historia. No. 30, 1997, Instituto de Historia (Pontificia Universidad Católica de Chile), pp. 441-504 (véxase pp. 485). Estimación de Sergio Villalobos. 1553: 50.000 (est.)Rodolfo Urbina Burgos & Dante Montiel Vera. Radio Amiga c. 1603: 22.000 (est.)Urbina, Rodolfo. Población indígena, encomienda y tributo en Chiloé: 1567-1813 Serie Monografías Históricas N° 16. Instituto de Historia. Pontificia Universidad Católica de Valparaíso. 1609: 10.000 (est.)Enciclopedia de Chile. Minería, Industria, Servicios y Regiones. Tomo II. Barcelona, España: Editorial Océano, pp. 536, edición por Daniel Torras & Carlos Sampayo, dirección: Carlos Gispert, 2001. 1765: 13.000 (est.)Anales de la Universidad de Chile correspondientes a 1866. Tomo XXVIII. Santiago de Chile: Imprenta Nacional, 1866, pp. 274. 1784: 26.337Gabriel Guarda (1978). Historia urbana del Reino de Chile. Santiago de Chile: Editorial Andrés Bello, pp. 212 1785: 26.703 1793: 30.000 (est.)Thayer Ojeda, Luis (1989). Orígenes de Chile: elementos étnicos, apellidos, familias. Editorial Andrés Bello. Santiago de Chile, pp. 204. 1812: 36.000 (est.)Thayer Ojeda, 1989: 272 1820: 40.000 (est.)Diego Barros Arana (1856). Las campañas de Chiloé, 1820-1826: Memoria histórica presentada a la Universidad de Chile en la sesion solemne de 7 de diciembre de 1856. Santiago de Chile: Imprenta del Ferrocarril, pp. 13 1827: 42.309Fernando Campos Harriet (1960). Desarrollo educacional, 1810-1960. Santiago de Chile: Editorial Andrés Bello. 1835: 43.832 1843: 48.641 1851: 70.000 (est.)Francisco de P. Mellado (1851). Enciclopedia moderna: Diccionario Universal de literatura, ciencias, artes, agricultura, industria y comercio. Tomo VIII. Madrid: Establecimiento tipográfico de Mellado, pp. 214. 1854: 61.586 1865: 72.574 1895: 77.750La Revista de Chile. Tomo IV. Sociedad Anónima La Revista de Chile, 1900, pp. 147. 1907: 87.595Rodolfo Urbina B. (2002). La vida en Chiloé en los tiempos del fogón, 1900-1940. Valparaíso: Universidad de Playa Ancha Editorial, pp. 49-52. ISBN 978-956-7906-86-4. 1920: 109.337 ha. 1930: 92.067 ha. 1940: 101.706 ha. 1952: 102.505 ha.Fabián Almonacid Zapata (2009). La Agricultura Chilena Discriminada(1910-1960): Una Mirad de Las Políticas Estatales y el Desarrollo Sectorial Desde el Sur. Madrid: CSIC, pp. 280. ISBN 978-84-00-08869-9. 1960: 102.543 ha. 1992: 130.389 ha.Tania Carrasco, Diego A. Iturralde & Jorge Enrique Uquillas (2003) . Doce experiencias de desarrollo indígena en América Latina. Quito: Ediciones ABYA-YALA, ISBN 9978-04-542-2.