Armatimonadetes é un novo filo de bacterias, que era antes coñecido co nome de filo candidato OP10. O filo OP10 estaba composto só por secuencias clonadas de xenes de ARNr 16S de mostras ambientais, pero posteriormente foron descritas formalmente tres cepas para a súa validación como especies, e déuselle nome ao filo.
As tres especies que comprende este filo son: Armatimonas rosea, cepa YO-36T, unha bacteria aerobia quimioheterótrofa, illada do rizoplano do xunco Phragmites australis que vivía nun lago do Xapón. A súa temperatura óptima é de 30-35 °C e forma colonias rosas. Chthonomonas calidirosea, cepa T49(T), bacteria non formadora de esporas aerobia, sacarolítica, termófila obrigada (óptimo a 60 °C) e motil, que foi illada dun chan quentado xeotermicamente en Hell's Gate, Tikitere, Nova Zelandia. Ten un pH óptimo de 5,3, e forma colonias rosas. Fimbriimonas ginsengisoli, bacilo mesófilo, con temperatura óptima de 30 °C, sen mobilidade, que forma colonias cor marfil.
Filoxenia
A taxonomía aceptada actualmente deste filo está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) e no National Center for Biotechnology Information (NCBI) e a filoxenia está baseada no ARNr 16S LTP 115 de The All-Species Living Tree Project All-Species Living Tree Project. Armatimonadetes estaría relacionado con Elusimicrobia.
Notas
Categoría:Bacterias