Richard Stuart Linklater, nado en Houston (Texas) o 30 de xullo de 1960Segundo o estado de Texas. Texas Birth Index, 1903–1997. En Ancestry.com é un director de cinema e guionista estadounidense.
Traxectoria Estudou na Sam Houston State University, ata que a abandonou para traballar nunha perforadora de petróleo no golfo de México. Nese tempo lía novelas e comezou a interesarse polo cinema, empregando os seus aforros na compra dunha cámara de Super 8, un proxector e un equipo de edición. En 1984 entrou no Austin Community College para estudar cinemaAlison Macor. Chainsaws, Slackers, and Spy Kids 30 Years of Filmmaking in Austin, Texas University of Texas Press: Austin, 2010. e o ano seguinte fundou xunto con Lee Daniel a Austin Film Society.
Durante varios anos realizou curtametraxes que máis ben se poden considerar exercicios e experimentos sobre as técnicas cinematográficas. Pouco despois dirixiu Slacker, que cun orzamento de 23.000 dólares recadou máis dun millón. O seu seguinte filme, Dazed and Confused, foi un éxito de crítica, recadou oito millóns de dólares nos Estados Unidos e deu a coñecer o actor texano Matthew McConaughey.
En 1995 gañou o Oso de Ouro en Berlín por Before Sunrise, filme que continuaría cos mesmos actores en anos posteriores.
Xa no século XXI dirixiu filmes de animación como Waking Life e A Scanner Darkly, e comedias comerciais como School of Rock e Bad News Bears. En 2014 estreou o filme Boyhood, que rodou durante doce anos.
Filmografía AnoTítulo 1988It's Impossible to Learn to Plow by Reading Books 1991Slacker 1993Dazed and Confused 1995Before Sunrise 1996SubUrbia 1998The Newton Boys 2001Waking Life 2001Tape 2003School of Rock 2004Before Sunset 2005Bad News Bears 2006Fast Food Nation 2006A Scanner Darkly 2008Me and Orson Welles 2011Bernie 2013Before Midnight 2014Boyhood
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Detour Films (Produtora de Richard Linklater's) Entrevista a Richard Linklater Richard Linklater en Virtual History
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Nados en 1960