A elastase pancreática é unha forma de elastase que se forma no páncreas (agás un dos isoencimas). En realidade, son un conxunto de isoencimas que forman parte dunha mesma familia chamada "familia das elastases de tipo quimotripsina" ou CELA. Os isoencimas desta familia están codificados nos xenes CELA1, CELA2A, CELA2B, CELA3A e CELA3B. Á súa vez, as elastases son unha subfamilia de serina proteases que hidrolizan a proteína elastina e moitas outras proteínas.

O primeiro destes isoencimas, a elastase pancreática 1, pensábase inicialmente que, igual que as demais elastases pancreáticas, se expresaba no páncreas, pero despois descubriuse que é a única delas que non se expresa no páncreas, senón nos queratinocitos da pel (mesmo durante un tempo pensouse que o seu xene non se transcribía a proteína). En consecuencia esta proteína foi primeiro renomeada de "elastase pancreática 1" a "elastase 1" (xene ELA1) e despois o nome aprobado oficialmente foi o de "familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 1" (xene CELA1).

A literatura clínica que describe a actividade da elastase 1 humana no páncreas ou no material fecal en realidade refírese á proteína "familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 3B" (xene CELA3B).EntrezGene 1990

Isoencimas

Os humanos posuímos cinco xenes de elastases de tipo quimotripsina, que codifican cinco proteínas estruturalmente similares, que son:

Familia Símbolo do xene Nome da proteína Número EC Aprobado Previo Aprobado Previo elastasesde tipoquimotripsina CELA1 ELA1 familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 1 elastase 1, pancreática CELA2A ELA2A familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 2A elastase 2A, pancreática CELA2B ELA2B familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 2B elastase 2B, pancreática CELA3A ELA3A familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 3A elastase 3A, pancreática CELA3B ELA3B familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 3B elastase 3B, pancreática

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Hidrolases