O encima familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 3B, tamén chamado elastase 3B, protease E, ou elastase fecal é unha proteína que nos humanos está codificada no xene CELA3B (antes ELA3B) do cromosoma 1.

A literatura clínica que describe a actividade da elastase 1 humana no páncreas e no material fecal refírese en realidade a esta proteína, é dicir, a "familia da elastase de tipo quimotripsina, membro 3B".

Función

As elastases constitúen unha subfamilia de serina proteases que hidrolizan a proteína elastina e moitas outras proteínas. Os humanos temos varios xenes de elastases que codifican distintos isocimas estruturalmente similares, chamados CELA1, CELA2A, CELA2B, CELA3A e CELA3B. A diferenza doutras elastases, a elastase 3B ten pouca actividade elastolítica (hidrólise da elastina). Como a maioría das elastases humanas, a elastase 3B segrégase no páncreas como un cimóxeno e, igual que outras serina proteases como a tripsina, quimotripsina e calicreína, ten unha función dixestiva no intestino. A elastase 3B cliva preferentemente as proteínas rompendo os enlaces peptídicos despois de residuos do aminoácido alanina. A elastase 3B pode tamén funcionar no transporte intestinal e metabolismo do colesterol. Tanto a elastase 3A coma a 3B foron denominadas protease E e elastase 1, e a excreción desta proteína no material fecal é utilizada frecuentemente como unha medida da función pancreática en probas clínicas.

Importancia clínica A proba da elastase fecal é unha proba médica que serve para medir como funciona o páncreas.

A proba da elastase fecal mide a concentración do encima elastase 3B na materia fecal cun ensaio de inmunoabsorbencia de encima unido (ELISA). Os resultados desta proba poden dar unha boa indicación do estado do páncreas exócrino, e a proba é menos invasiva e máis barata que a actual proba estándar da secretina-colecistoquinina. Niveis de elastase fecal menores de 200 μg / g de feces indican unha insuficiencia exócrina. Informouse das correlacións entre os niveis baixos e a pancreatite crónicaFecal Elastase 1 ELISA For Exocrine Pancreatic Insufficiency: Comparison With ERCP-Morphology And Fecal Fat Excretion e o cancro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Hidrolases