O loureiro xaponés ou loureiro pinto (Aucuba japonica), é unha especie de planta fanerógama pertencente á familia Garryaceae. En Galicia pode atoparse como ornamental.
Descrición É un arbusto de 1 a 5 m de altura orixinario dos bosques de vales e montañas do Xapón e a China. Aucuba japonica é dioico, é dicir, presenta diferentes plantas para o sexo masculino e feminino. Son plantas de xardín moi populares no Reino Unido e no resto de Europa occidental (incluíndo Galiza). Este arbusto é tamén moi popular nos Estados Unidos, onde é comunmente coñecido como Gold Dust Plant (planta do po dourado). thumb|240px|Loureiro xaponés femia.
Taxonomía Aucuba japonica foi descrita por Carl Peter Thunberg e publicado en Nova Genera Plantarum 3: 62. 1783. Sinonimia Aucuba japonica var. japonica Aucuba luteocarpa Dombrain Eubasis dichotoma Salisb. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía Fell, Derek (1990), The Essential Gardener'', Michael Freedman Publishing Group. Ligazóns externas BBC Gardening Aucuba Japonica
Categoría:Aucuba Categoría:Flora de Asia Categoría:Flora do Xapón Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas descritas en 1783