Siata Española S.A. foi un fabricante español de automóbiles con sede en Tarragona activo dende 1960 ata 1973. O nome da súa empresa matriz era Siata.

Historia da compañía A empresa foi fundada en 1960 en Barcelona como unha rama da italiana Siata para a produción de automóbiles. A fábrica estaba en Tarragona. En 1973 cesou a produción logo de facer ao redor de 15.000 unidades.

Os vehículos baseáronse nos modelos de SEAT, construídos con motores de catro cilindros de 750 cc a 850 cc. Entre as súas creacións atópase o Ampurias, con motor modificado ata os 750cc (máis potencia, grazas a uns novos pistóns) e cunha carrozaría de tres volumes, o Turisa con carrozaría cupé ou spider, ou o Tarraco, un coche deportivo de catro prazas con motores de 750cc ou 850cc.

Siata Española tamén construíu a Formichetta e a furgoneta de repartimento Minivan. En 1972 foi absorbida por Ebro, que seguiu fabricando a furgoneta, denominada a partir dese momento Ebro Siata 40.

Un vehículo desta marca atópase no museo do automóbil 'Col·lecció d'Automòbils de Salvador Claret' en Sils.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina de Internet de autopasión18

Categoría:Fabricantes de automóbiles de España Categoría:Empresas de Cataluña