Magnoliales é unha orde de plantas da subclase Magnoliidae, clase Magnoliopsida, división Magnoliophyta (plantas con flores).

No actual sistema APG III 2009 (sucesor de APG II e de APG, coa mesma circunscrición), comprende as 6 familias a seguir: Annonaceae, a familia do chirimoio, moi representada e distribuída. Degeneriaceae (dúas especies de árbores nas Illas do Pacífico) Eupomatiaceae (dúas especies de árbores e arbustos en Nova Guinea e leste de Australia) Himantandraceae (dúas especies de árbores e arbustos en zonas tropicais do sueste de Asia e Australia) Magnoliaceae (incluíndo Liriodendron, os tulipeiros; e Magnolia, as magnolias) Myristicaceae (incluíndo Myristica, os mirísticos ou árbores da noz moscada).

No antigo sistema de Cronquist que foi moi usado nos Estados Unidos comprendía as familias a seguir: Magnoliáceas (familia Magnoliaceae). Annonáceas (familia Annonaceae). Caneláceas (familia Canellaceae). Miristicáceas (familia Myristicaceae). Winteráceas (familia Winteraceae). Degeneriáceas (familia Degeneriaceae).

Véxase tamén