Alapati Lui Mataeliga, nado en Sataua (Samoa) o 4 de xaneiro de 1953 e finado en Auckland o 25 de abril de 2023, foi un eclesiástico samoano, arcebispo metropolitano latino de Samoa-Apia.

Biografía Foi ordenado sacerdote diocesano de Samoa e Tokelau o 5 de xullo de 1977 polo entón bispo Pio Taofinuʻu, e foi nomeado arcebispo de Samoa-Apia o 16 de novembro de 2002, recibindo a consagración episcopal de mans do nuncio Patrick Coveney o 3 de xaneiro de 2003.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Bispos católicos de Samoa Categoría:Nados en Samoa Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Bispos da Igrexa católica latina