Erwinia é un xénero de bacterias da familia Enterobacteriaceae que contén importantes especies patóxenas de plantas. Recibe o seu nome polo fitobacteriólogo Erwin Frink Smith. Son bacterias gramnegativas, principalmente de forma bacilar, relacionadas con Escherichia coli, Shigella, Salmonella e Yersinia.
Moitas erwinias infectan plantas leñosas. Un membro ben coñecido do xénero é E. amylovora, que causa unha enfermidade necrótica nas maceiras, pereiras e outras rosáceas cultivadas. A especie E. tracheiphila causa enfermidades nas cucurbitáceas. Outras especies importantes, como E. carotovora (patóxena das patacas e cenorias, e chamada hoxe Pectobacterium carotovorus), estaban relacionadas de modo máis distante con E. amylovora e foron movidas aos xéneros Brenneria, Dickeya, Pectobacterium e outros.
Especies As especies que quedan no xénero Erwinia son: Erwinia amylovora Erwinia aphidicola Erwinia billingiae Erwinia mallotivora Erwinia papayae Erwinia persicina Erwinia psidii Erwinia pyrifoliae Erwinia rhapontici Erwinia toletana Erwinia tracheiphila Candidatus Erwinia dacicola
Notas
Categoría:Enterobacteriales Categoría:Fitopatoloxía